18/01/2022

Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais

No Diario Oficial de Galicia publicáronse as axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e convoca para 2022 as ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva (procedemento IG501A).

Estas axudas están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020 e, en particular:

– Prioridade 6, área focal 6A: facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego.

– Medida 06: desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

– Submedida 6.2: axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais.

O restante 25 % correspóndese con cofinanciamento nacional, asumindo o 7,5 % a Administración xeral do Estado e o 17,5 % a Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o día 4 de xaneiro de 2022 ata o día 8 de marzo de 2022.

 

Data Adxuntos
18/01/2022 Axudas para actividades non agrícolas en zonas rurais PDF [942 KB]

Novas, Promoción económica

24/03/2023

Barbadás será capital galega das artes marciais con 200 nenos e nenas competindo no Campionato escolar de Kung-Fu

O club local desta disciplina leva funcionando desde o ano 95 e participará nesta competición con 12 deportistas

24/03/2023

Un versátil Obradoiro de Emprego rehabilita o lavadoiro de As Quintas, construe hoteis para insectos ou fai traballos forestais

A iniciativa, que ten como obxectivo fomentar a inserción laboral e da que forman parte 12 alumnos de Barbadás, comezou os seus traballos no mes de novembro

22/03/2023

Museo da gaita de fole e rutas de diferentes temáticas atraen ao turismo cultural que se achega a Barbadás

O concelleiro de Turismo, Ramón Selas Iglesias (centro) con Beatriz Fernández García e Pablo Martínez Míguez, encargados de manter aberto semanalmente o museo e as clases de música e baile. Barbadás

Servizos en Barbadás

CONTENT.1679856068

SINGLE.1679856068