28/06/2018
Baltar e Valcárcel asinan o convenio para reformar o campo de fútbol de Barbadás
Financiarán conxuntamente o proxecto de substitución do céspede.
O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE E O ALCALDE DE BARBADÁS ASINAN O CONVENIO PARA A REFORMA DO CAMPO DE FÚTBOL DOS CARRÍS
José Manuel Baltar e Xosé Carlos Valcárcel asinaron hoxe 28 de xuño o convenio para financiar conxuntamente o proxecto de substitución do céspede do das instalacións deportivas
- A Deputación de Ourense aportará un total de 218.000 euros para a execución da obra de substitución do céspede sintético do campo de fútbol dos Carrís da Valenzá.
- Pola súa banda, o Concello de Barbadás xa consignou 100.000 euros nos orzamentos aprobados a finais de 2017 para o exercicio de 2018.
- A reforma das instalacións deportivas dos Carrís inclúe a renovación do céspede do campo de fútbol 11 e a dotación de herba artificial para o campo de terra no que adestran os rapaces máis cativos.
- O proxecto de remodelación contempla tamén a execución de obras de acondicionamento nun dos muros do edificio para evitar humidades no interior dos vestiarios.
- A Escola de Fútbol de Barbadás ten inscritos 280 nenos e nenas que practican este deporte dende a categoría de pre-benxamín ata xuvenil.
- O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, afirma que “a substitución do céspede do campo de fútbol da Valenzá foi unha das xestións prioritarias no eido deportivo dende o inicio da lexislatura”.
- Valcárcel destaca que “esta actuación é moi importante para poder satisfacer as necesidades da Escola Municipal de Fútbol, con preto de 300 usuarios e usuarias que fan uso das instalacións practicamente todos os días”.
- O custo global do proxecto supera os 300.00 euros.
- Segundo o rexedor esta dotación “ten que servir de exemplo para continuar coa colaboración entre o Concello de Barbadás e outras administracións co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza”.
- Adrián Varela, concelleiro de Deportes, sinala que “a necesidade deste cambio ven marcada polo estado de deterioro no que se atopa actualmente o céspede do campo dos Carrís”.
- Varela incide ademais no feito de que “a instalación de céspede artificial no campo de fútbol-8 vai permitir que os equipos poidan adestrar en mellores condicións ó permitir desmasificar a utilización do campo principal dos Carrís”.