09/01/2021

Bando da Alcaldía de Barbadás sobre medidas restritivas por aumento de casos covid

BANDO DA ALCALDÍA DE BARADÁS SOBRE AS MEDIDAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO VIXENTE NO CONCELLO DE BARBADÁS VIXENTES

INFORMASELLE Á CIDADANÍA DAS MEDIDAS, DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, VIXENTES NO CONCELLO DE BARBADÁS DENDE ÁS 00:00 DO DÍA 9 ANEIRO (MADRUGADA DO DÍA 8 AO DÍA 9 DE XANEIRO):

  • RESTRINXIDA A MOBILIDADE NA ÁREA UNIFICADA OURENSE-BARBADÁS. SÓ SE PERMITIRÁ A ENTRADA OU SAÍDA DA ÁREA POR RAZÓNS LABORAIS, EDUCATIVAS, SANITARIAS OU ASISTENCIAIS.
  • LIMITADAS AS REUNIÓNS, EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS, A UN GRUPO MÁXIMO DE 4 PERSOAS,SALVO QUE SE TRATE SÓ DE PERSOAS CONVIVENTES.
  • ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN: 
  • -HORARIO DE PECHE AO PÚBLICO ÁS 18H.
  • PERMITIRASE SERVIZOS DE ENTREGA A DOMICILIO OU PARA ASÚA RECOLLIDA NO LOCAL E CONSUMO A DOMICILIO.
  • AFORO LIMITADO AO 50% EN TERRAZAS.
  • AFORO LIMITADO AO 30% NO INTERIOR DO LOCAL.
  • GRUPO MÁXIMO 4 PERSOAS POR MESA OU AGRUPACIÓNS DE MESAS, MANTENDO A DISTANCIA DE SEGURIDADE ENTRE MESAS.

 

  • ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS: AFORO LIMITADO AO 50%.

 

  • RECOMÉNDASE AUTOCONFINAMENTO.

ADEMÁIS TEMOS QUE LEMBRAR AS MEDIDAS XA ESTABLECIDAS:

  • TOQUE DE QUEDA DENDE AS 23:00H ATA AS 6:00H.
  • O USO OBRIGATORIO DE MASCARILLA EN TODO MOMENTO A PARTIR DOS 6 ANOS.DEBERÁ DARSE UN USO AXEITADO Á MÁSCARA, É DICIR, ESTA DEBERÁ CUBRIR DESDE PARTE DO TABIQUE NASAL ATAO QUEIXO, INCLUÍDO. SÓ PODERÁ PRESCINDIRSE DA MASCARILLA NO MOMENTO DA CONSUMICIÓN EN CAFETERÍAS, BARES E RESTAURANTES.
  • O CONSUMO DE TABACO OU DE CIGARRILLOS ELECTRÓNICOS NA VÍA PÚBLICA OU EN ESPAZOS AO AIRE LIBRE, INCLUIDA A TERRAZA, SÓ SE PODERÁ EXCEPTUAR A OBRIGA DE USO DE MASCARILLA, E EXCLUSIVAMENTE DURANTE O INDICADO CONSUMO, SEMPRE QUE, TENDO EN CONTA A POSIBLE CONCURRENCIA DE PERSOAS E AS DIMENSIÓNS DO LUGAR, POIDA GARANTIRSE O MANTEMENTO, EN TODO MOMENTO, DA DISTANCIA DE 2 METROS CON OUTRAS PERSOAS.

DITAS MEDIDAS ADÓPTASEN ANTE A CRISE SANITARIA PARA FREAR A PROPAGACIÓN DO VIRUS,POLO BEN DE TODOS E TODAS.

SANCIONARASE A QUEN NON RESPECTE AS NORMAS.

EN BARBADÁS, A 8 DE XANEIRO DE 2021.

O ALCALDE POR DELEGACIÓN

Novas

CONTENT.1618125866

SINGLE.1618125866