15/01/2021

Bando sobre restriccións en vigor a partir do 15 de xaneiro por covid

                                        BANDO
 
Infórmaselle das medidas, de obrigado cumprimento, vixentes no concello de barbadás dende as 00:00 do día 15 xaneiro de 2021 (madrugada do día 14 ao día 15 de xaneiro):
• Queda restrinxida a entrada e saída no concello de barbadás . só se permitirá a entrada ou saída da área por razóns laborais, educativas, sanitarias ou asistenciais.
• Recoméndase restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados unicamente á unidade de convivencia
• A permanecia de persoas en espazos privados quedará condicionada a que non supere as catro persoas (agás conviventes)
• Declárase o estado de alarma durante o periodo comprendido entre as 22.00 horas e as 06.00 horas (agás por necesidade de forza maior)
• Establecementos de hostalaría e restauración:
◦ horario de peche ao público ás 18h. permitirase servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade.
◦ interior pechado, aforo limitado ao 50% en terrazas
◦ grupo máximo 4 persoas por mesa ou agrupacións de mesas, mantendo a distancia de seguridade entre mesas. en todo caso, deberá asegurarse que se mantén a distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou agrupacións de mesas.
• Establecementos e locais comerciais: con carácter xeral aforo limitado ao 30%.(en calquera caso, deberáse respectar un máximo de 50 persoas para lugares pechados e de 100 persoas ao aire libre). terán que pechar como máximo ás 21:30 horas.
Ademáis das xa establecidas:
• O uso obrigatorio de mascarilla en todo momento a partir dos 6 anos. deberá darse un uso axeitado á máscara, é dicir, esta deberá cubrir desde parte do tabique nasal ata o queixo incluído. só poderá prescindirse da mascarilla no momento da consumición en cafeterías, bares e restaurantes.
• O consumo de tabaco ou de cigarrillos electrónicos na vía pública ou en espazos ao aire libre, incluida a terraza, só se poderá exceptuar a obriga de uso de mascarilla, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre tendo en conta, a posible concurrencia de persoas e que as dimensións do lugar, poida garantir o mantemento en todo momento da distancia de 2 metros con outras persoas.
• Os titulares dos establecementos, espazos ou locais deberán garantir o cumprimento destas obrigas neles.
Eitas medidas adóptasen ante a crise sanitaria para frear a propagación do virus, polo ben de todos e todas.
 
Sancionarase a quen non respecte as normas
 
En barbadás, a 14 de xaneiro de 2021
 

Novas

CONTENT.1713513642

SINGLE.1713513642