18/09/2019
Barbadás a bocados: 20, 21 e 22 de setembro
TALLERES RELACIONADOS COA GASTRONOMÍA DIRIXIDOS A NENOS/AS E ADULTOS/AS, CANTOS DE TABERNA E DEGUSTACIÓN DE PINCHOS, PRINCIPAIS ATRACTIVOS DO “BARBADÁS A BOCADOS”
Un total de 17 establecementos ofrecerán entre os días 20 e 22 de setembro unha ampla oferta gastronómica no Concurso de pinchos de Barbadás
- A carpa da organización _ Concellería de Comercio de Barbadás_ estará ubicada na Rotonda da Familia (á altura dos números 37/39 da avenida de Celanova.
- “Barbadás a bocados” desenrolarase os días 20, 21 e 22 de setembro coa participación de 17 establecementos hosteleiros.
- O público participante recibirá nos establecementos que participan unha tarxeta de votación para elixir o mellor petisco popular.
- Estas tarxetas de votación serán utilizadas para participar en un sorteo de cheques-compra por valor de 50 euros para gastar no “Comercio Local” de Barbadás.
- O venres ás 19,00 horas terá lugar un taller de cata de cervexa (inscrición previa).
- A inauguración oficial do “Barbadás a bocados” será ás 20,00 horas. A amenización musical estará a cargo das charangas “BBB” e “Escachapeitos” pola avenida de Celanova.
- O sábado ás 10 da mañá está previsto o desenrolo de un taller de cociña internacional na carpa oficial. Este taller está aberto á participación da veciñanza, principalmente ás persoas interesadas na gastronomía e que non puideron formar parte do taller que se desenvolved ende hai unhas semanas organizado polo concello.
- Pola tarde, ás 19,00 horas, está previsto un taller de iniciación á cata con Luis Paadín.
- A recepción dos grupos da segunda edición do Encontro de cantos de taberna de Barbadás será as 20,30 horas. Participan 5 grupos musicais que amenizarán cos seus sons os 17 establecementos participantes.
- O domingo ás 12,00 do mediodía están programados maridaxes de vermú e un taller de corte de xamón con Mercedes González.
- O domingo ás 18,30 horas está previsto un taller dirixido aos/ás nenos/as que xirará en torno a produtos doces e a elaboración de merendas saudables.
- A degustación de pinchos nos establecementos será de 20,00 a 00,00 o venres, en tanto que o sábado será de 12,00 a 15,30 e de 20,00 h a 00,00 horas, mentras que o domingo será de 12,00 a 15,30 a 22,00 horas.
- Listado de establecementos participantes e título do pincho:
- Alento: “Mouse de queixo con godello”.
- Cacho Pizza: “Cacho gula”.
- O Chicote: “O secreto do Chicote”
- A Cova do sabio: “O arume do sabio”
- O Pereiriña: “Bomba O Pereiriña”
- Alumbre: “Segredo do Alumbre”
- Café Acordes: “Mini angus galega”
- Cafetería A Solaina: “Cup con bacallau e manto de Arzúa”
- Bar Parque Patos: “Bacaburra”
- Kibu: “Delicatessen galega”
- La Ibense: “Lemon&fruit”
- A Pedreira: “A Pedreira”
- O Rei Chipirón: “Chipirón patagónico”
- Alecrín: “Xarrete en salsa Alecrín”
- D´Morro Fino Taberna Galega: “Torrada sifrina”
- Café Bar Daytona:”Ramekin ibérico”
- Pizzería Stylo 46: “Pincho tricolor”
- Visítenos en barbadas.es. Facebook: Barbadás a bocados e Concello de Barbadás. Twiter: @barbadasabocados e @concellobarbada. #BarbadásABocados.
- Hoxe mércores ao mediodía presentouse na Valenzá a 4ª edición de “Barbadás a bocados”, na que estiveron o alcalde, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, Marga Pérez, concelleira de Comercio, e tres hosteleiros: Emilio de Francisco (O Chicote), David Salgado (A Pedreira) e Luis Miguel Redondo (D´Morro fino).
- Os 5 grupos que participan no 2º Encontro de cantos de taberna son os seguintes: As da chispa, Amigos do Tékele, Tokaide, Escachaferreñas e Sómosche D´Herbas.
- Xosé Carlos Valcárcel, rexedor de Barbadás, convida “a todas as persoas que queiran disfrutar dunha excelente gastronomía. Os protagonistas teñen que ser os/as hosteleiros/as e, sobre todo, os/as participantes”.
- Valcárcel sinala que “dende o Concello queremos promocionar a gastronomía de Barbadás e a actividade económica en un dos eventos máis importante do ano”.
- Marga Perez, concelleira de Comercio, destaca que “este fin de semana, para despedir o verán, nada mellor que acudir a Barbadás a bocados, a probar as propostas gastronómicas que nos ofrecen os hosteleiros de Barbadás e non só disfrutar dos pinchos, senón tamén de música, obradoiros de cociña que se desenrolarán na carpa da organización”.
- Tino Iglesias, xerente de servizos gastronómicos, explica que “imos ter un curso de cociña internacional coa elaboración de platos dende principio a fin con Jorge Martínez, xefe de cociña de un local de prestixio de Ourense. O sábado haberá catas de viños, unha con viños de personalidade, que vai dirixir Pablo Vidal, que foi xerente do Consello Regulador do Ribeiro, e Luis Paadín, quen edita a guía de viños de Galicia”.