21/09/2022
Barbadás acolle o circuíto de resistencia de motocross o 25 de setembro
Validará para a Copa Deputación de Ourense
BARBADÁS ACOLLE O CIRCUÍTO DE RESISTENCIA DE MOTOCROSS O DOMINGO 25 DE SETEMBRO NA ZONA DE SAN BIEITO DE COVA DE LOBO
A proba reunirá preto de 100 pilotos de diferentes puntos da península e validará para a Copa Deputación de Ourense
- Ao acto de presentación do circuíto, celebrado hoxe na Casa Consistorial do Concello de Barbadás, asistiron o Xefe Territorial de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, o concelleiro de Deportes, Abel Cortés e e o responsable da organización, que é o Club de Motoristas da Peroxa, Javier Quintas..
- O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, sinalou que “estamos diante da primeira edición da proba de resistencia de Barbadás que en este caso é válida para a Copa Deputación. Esta é a primeira proba que se realiza neste período e que despois vai seguida da que se celebrará en Lugo e en Rois que son válidas para o campionato del circuíto de resistencia”.
- Valcárcel destacou que “é a primeira vez que se celebra en Barbadás, o que supón unha satisfacción poder contar con esta proba aquí. Trátase de unha aposta máis que fai o concello pola actividade deportiva e pola súa diversificación. Pero imos mais alá porque o que se pretende con estas actividades deportivas e con esta diversificación é que a Barbadás acuda xente que habitualmente non vén ao noso concello, para facer un traballo transversal no que afecta a nosa economía, principalmente á hostalaría”.
- O rexedor lembrou que “nos deportes de motor non é a primeira proba que realizamos, xa que temos outra cita deportiva co mundo do motor, o Rally Mix e tamén temos celebrado probas do Rally de Ourense”.
- O circuíto de resistencia de motocross “aspira a chegar a practicamente 100 participantes. Ata onte martes, había 60 participantes; antonte había 30, polo tanto a inscrición medra de forma continuada día tras día. Quero destacar unha cuestión francamente importante, que hai 6 mulleres. É a primeira vez que nun torneo ou nun circuíto de esta índole participan tantas mulleres”, explicou Valcárcel.
- A esta proba de resistencia acudirán pilotos destacados coma Jorge Paradelo, terceiro clasificado do mundial Open 4T no 21-22. Tamén estará Pedro González que é o campión de España Junior e tamén Pablo Varela que é o actual líder do campionato de España.
- A maior parte dos participantes son galegos e tamén acudirán pilotos de Valladolid, de Castela e León, de Asturias e de Portugal.
- “Contar con 100 participantes é un número importante dadas as características da participación noutros eventos similares, polo tanto é un orgullo poder contar con este circuíto aquí, poder contar con todos vós e que, este evento, se celebre en Barbadás por primeira vez ”, remarcou Valcárcel.
- Manuel Pérez, Xefe Territorial de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, institución patrocinadora do evento, salientou que, “a Javier Quintas, uno de los organizadores del evento, lo conozco desde hace ya bastante tiempo. Sé el gran trabajo que está realizando estos años y sé que cuando va él aparejado a la prueba está garantizado el éxito y Barbadás no va a ser una excepción”.
- Pérez remarcou que “Barbadás siempre se ha volcado con en mundo del motor, es uno de los concellos de la provincia que más se vuelca en este tipo de iniciativas. Es un poco un punto de referencia para el automovilismo, con el Rally Mix, en el Rally de montaña del campeonato gallego y con pruebas como esta de resistencia que presenta aquí el Motoclub A Peroxa. Son pruebas que mueven a mucha gente y que van a traer a un numeroso público al concello, gente que mueve mucho la economía del lugar y son pruebas realmente espectaculares”
- O Xefe territorial de Deportes destacou que “he tenido la suerte de acudir a alguna en el concello de Piñor de Cea y era un auténtico espectáculo. Va a ser un espectáculo este domingo aquí en el concello de Barbadás y podemos estar todos contentos de que este tipo de pruebas estén por aquí tan cerca. Va ser un éxito, va ser un espectáculo, nombres como citó el alcalde Jorge Paradelo que son auténticos números uno, tops en el ranking nacional, son de lo mejorcito que hay en motocross en este tipo de pruebas y va a ser un éxito seguro”.
- Abel Cortés, concelleiro de Deportes, comentou que cando Javier Quintas quixo contar co Concello de Barbadás, ” xa tratamos de levar este evento a cabo. Unha postura de colaboración que forma parte da ampliación do cartel de eventos do concello porque xa temos varios eventos de automobilismo e este ano é un ano de novidades, como foi o tramo do Rally de Ourense, agora esta proba de motociclismo e anticipamos xa que se celebrará a finais de ano unha proba de Sicocross.”
- Cortés destacou que “esta é a primeira proba despois do verán e agardamos que sexa un éxito, contando coa organización, cos participantes e cos corpos de seguridade. Ata o de agora está sendo de gran acollida o nivel de inscricións de participantes e temos a confianza de que será un éxito, o mesmo o día da proba”.
- Javier Quintas, responsable deportivo do Motobclube Peroxa, sinalou que “e a miña encomenda estar á altura do concello de Barbadás, da Deputación e da Xunta de Galicia. Por que estar a altura? Porque eles estanse volcando con nós e nós temos que tentar como mínimo esforzarnos o suficiente para recompensarlle todo o seu esforzo”.
A proba dende o punto de vista deportivo “penso que vai ser unha proba moi boa, é unha proba moi técnica e o percorrido que temos en Barbadás é un cento por cento natural, polo tanto á xente que lle gusta o enduro vaino desfrutar. Estamos un pouco condicionados co tema do po, a ver si chove e poden mellorar un pouco as circunstancias do terreo para que sexa un pouco mais gozoso para os/as pilotos/as participantes. Pero, aínda que non chovera temos a suficiente capacidade como para resolver ese pequeno contratempo dividindo a saída en varios grupos”.
- “A proba ubícase na capela de San Bieito, ao longo de un percorrido de 5 quilómetros. Percocorrido que aparte, temos a sorte de que tocamos parte do bosque natural galego, e que estando cerca de Ourense, é un espazo impresionante. Convido a todo o mundo para que cando acabe a proba, vaian a pasear por eses montes, porque merece a pena percorrelos”, invitou Javier Quintas