19/06/2021

Barbadás acolle o Paseo da Saúde o día 18 de xuño: obradoiros, charlas, actividades e presenza de asociación vinculadas á Saúde

Esta cita coa Saúde e a Prevención reunirá a 12 asociacións e inclúe obradoiros, charlas e actividades

BARBADÁS ACOLLE O PASEO DA SAÚDE O VENRES DÍA 18 DE XUÑO

Esta cita coa Saúde e a Prevención reunirá a 12 asociacións e inclúe obradoiros, charlas e actividades

As carpas nas que estarán instaladas ubicaranse na avenida de Celanova, na zona da glorieta da Familia

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou hoxe na presentación do Paseo da Saúde ante os medios de comunicación que “estamos nun momento fundamental para pór en valor e dar a coñecer e difundir todo o que xira en torno á Saúde, non só dende o punto de vista médico ou sanitario, senón tamén no aspecto asociativo da prevención e profesional”.
  • A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, sinalou que “un dos obxectivos que pretendemos é dar a coñecer o traballo tan fundamental e tantas veces esquecido destas asociacións, que traballan non soamente para axudar a enfermos e enfermas desas patoloxías, senón para axudar tamén ás súas familias”.
  • A finalidade destas asociación é “apoiar a estas persoas psicoloxicamente, apoialas con profesionais, fisioterapeutas, traballadores sociais” destacou “ a labor das persoas voluntarias que colaboran nestas asociación de xeito desinteresado e realizando un traballo silencioso que serve de apoio para que estas persoas que a sofren poidan seguir coa súa vida o máis normalizada posible.
  • O alcalde de Barbadás Xosé Carlos Valcárcel, lembrou na presentación deste evento relacionado coa saúde e a prevención que “son tempos complicados os que vivimos en torno á saúde, pero xa todos/as temos interiorizado que como di o refrán a saúde é o primeiro”.
  • Valcárcel asegura que a situación actual debe servir para tomar conciencia da importancia de todos aqueles colectivos, organización e persoas que traballan intensamente no ámbito da saúde e moitas veces de xeito totalmente desinteresado e altruísta.
  • “Temos que intentar acadar un equilibrio entre saúde e economía, un equilibrio imprescindible neste momento”, indica Valcárcel. Ao mesmo tempo sinala que é importante valor “a gran achega que fai a sanidade ó conxunto da economía”.
  • No 2019 o gasto sanitario representou o 6% do PIB do Estado (75.000 millóns de Euros).
  • O rexedor remarcou “o recoñecemento da cidadanía polos sanitarios e sanitarias que se viviu durante os últimos meses, un gran traballo que non pode esquecer”.
  • Para Valcárcel é fundamental ter grandes profesionais da sanidade, preocuparnos pola súa formación, por mellorar as súas condicións laboráis  o que  supón unha aposta polo futuro dunha Sanidade excelente e pola mellora da calidade de vida da nosa veciñanza.
  • Neste primeiro Paseo da Saúde “temos que agradecer a colaboración e patrocinio de empresas do noso concello como son : Helbagraf , Coarvi e tamén do INORDE.
  • Valcárcel agradeceu tamén a colaboración das clínicas dentais de Barbadás : Ana Suárez, Castro Aguilera, Parracía e Clínica Dental A Valenzá.
  • É fundamental agradecer o traballo da Policía Local que estará presente neste evento.
  • Protección Civil de Barbadás tamén terá unha importante presenza con voluntarios e voluntarias “a quen queremos agradecer en nome da Corporación o seu traballo desinteresado e intenso atendendo todo tipo de situación de emerxencia o de necesidades básicas”, destacou Valcárcel.
  • O venres día 18 de xuño, a maiores das diferentes carpas das asociación que estarán nese día ofrecéndonos charlas formativas e obradoiros didácticos,  estarán coa súa carpa e cos seus vehículos Protección Civil, para que os nenos e nenas dos colexios de Barbadás poidan participar no obradoiro de primeiros auxilios e de RCP que tamén estarán abertos a todas as persoas que queiran participar nesas charlas didácticas.
  • Polo tanto, falamos tamén dunha xornada de portas abertas para coñecer polo miúdo como se traballa desde Protección Civil, un traballo que sempre está en estreita sintonía coa Policía Local do noso Concello formando entre ambos un eficaz equipo.
  • O Alcalde de Barbadás cedeulle a palabra a Elizabet Nistal, concelleira de Sanidade e Servizos Sociais, que agradeceu a presenza de moitas das asociacións da provincia que representan as distintas patoloxías e enfermidades.
  • Nistal sinalou que “o principal obxectivo deste paseo é a saúde, a cal nos motivou a organizar esta actividade dende a concellería. E para ter unha boa saúde, sempre é esencial e primordial a prevención e por este motivo o lema do evento é “Prevención e saúde”.
  • Na presentación estiveron representantes das asociacións participantes e na mesa de explicación do evento interviñeron Carmen Dorado da asociación ALCER e Paz Gómez del Valle, da Asociación AURIA.
  • Carmen Dorado, de ALCER, agradeceu en nome dos colectivos participantes no evento en torno á Saúde ao Concello de Barbadás a organización deste evento.
  • Dorado destacou que o Paseo da Saúde “permitirá dar visibilidade ao que facemos dende as asociacións e previr enfermidades crónicas porque o impacto dunha enfermidade crónica é enorme dende moitos puntos de vista laboral económico social e en todos os aspectos da vida de unha persoa.
  • A presenza dos colectivos neste tipo de eventos contribúe, segundo Carmen Dorado, a ofrecer información para previr enfermidades para mellorar a calidade de vida porque ninguén de nós é libre de padecer unha enfermidade crónica renal, de feito 1 de cada 7 de persoas é diagnosticada de unha patoloxía renal” Durante o Paseo da Saúde na carpa de ALCER realizaranse medicións preventivas de presión arterial e peso.
  • Paz Gómez, da Asociación AURIA, incidiu en que “necesitamos facernos visibles porque hai que ter en conta que as asociacións de pacientes estamos suplindo unha parte importante que está fallando no sistema sanitario, a nosa misión é informalos, formalos e acompañalos e sen esa visibilidade non sería posible”. Por este motivo é fundamental a través de este tipo de eventos que “sigamos difundindo e traballando, e sobre todo estar preto da cidadanía e que este sexa un primeiro paso nun camiño longo”
  • Na primeira edición do Paseo da Saúde” Barbadás contará coa presencia das seguintes asociación:

AFAOR – Asociación de enfermos de alzheimer.

ALCER – Asociación de Loita contra a Enfermidade Renal.

AURIA – Asociación de Diabéticos/as.

AECC  –  Asociación Española de loita contra o cancro.

AODEM – Asociación Escleroses múltiple, ELA ,Parkinson..

POR ELES TEA – Asociación de Autismo

AFFOU – Asociación de Fibromialgia, Fatiga crónica.

ACCU – Asociación de Crohn e Colites ulcerosa.

QUERENDO –    Asociación de Mulleres con Endometriose.

AUTISMO OURENSE – Asociación de autismo de Ourense.

E O CENTRO  `QUÉROTE MÁIS´

  • Tamén teremos a presenza desinteresada da matrona do SergasDona María Villanueva Rey, do Centro de Saúde da Valenzá.

 

  • Así mesmo, teremos a presenza dunha UNIDADE MÓBIL DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA, para que todos aqueles que queiran efectuar o xesto altruísta de doar sangue, poidan acudir a facelo, posto que e moi importante para salvar vidas ou tratar algunhas enfermidades.

Novas, Servizos sociais

CONTENT.1733806954

SINGLE.1733806954