18/11/2021

Barbadás acolle un evento comercial, “O Feirón” os días 20 e 21 de novembro

Os días 20 e 21 de novembro no pavillón deportivo de A Valenzá

22 ESTABLECEMENTOS DO COMERCIO LOCAL AGLUTÍNANSE ESTE FIN DE SEMANA NO FEIRÓN DE BARBADÁS

A cita co comercio de proximidade será os días 20 e 21 de novembro no pavillón da Valenzá

Ofertas, artigos de nova tempada e sorteos serán o reclamo do evento comercial para a fin de semana

Sortearanse 4 cofres valorados en 250 euros cada un deles, unha fin de semana nunha casa de turismo rural, e unha televisión”.

  • Os días 20 e 21 de novembro o polideportivo de Barbadás acollerá 22 establecementos do comercio de proximidade para impulsar as compras nas datas previas ao Nadal.

 

  • O horario do “Feirón” será de 11,00 a 14,30 horas e pola tarde os establecementos permanecerán abertos entre as 16,30 e as 20,30h.

 

  • As persoas que acudan ao “Feirón” poderán gozar con actividades de animación infantil, xogos e sorpresas.

 

  • O evento en torno ao comercio de proximidade está organizado por un grupo de comerciantes de Barbadás e contan coa colaboración do Concello e de Carrefour.

 

  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez, sinalou que “algo que aprendemos nestes 21 meses de pandemia é a pór en valor o noso, o que está máis ao noso carón e o comercio local é precisamente iso”.

 

  • “Cando pensamos no comercio, temos que pensar nas persoas que están detrás, eses autónomos e autónomas que levan pasado uns meses duros co peche das portas dos establecementos sen poder vender os seus produtos”, afirmou Pérez na presentación do evento comercial.

 

  • Segundo a concelleira de Comercio “agora toca unha nova realidade, cara a saída desta crise sanitaria e temos que coidarnos uns/unhas aos outros/as acudindo ao pavillón municipal de Barbadás o sábado e o domingo con un amplo abano de produtos e imos poder acudir para apoiar ao comercio local para mercar agasallos para as festas de Nadal ou aqueles produtos que necesitemos a uns descontos máis vantaxosos e con animación para nenos e nenas”.

 

  • Para Pérez é fundamental q ue “entre todos/as temos que apoiar ao comercio local, xa que un concello ten vida se ten comercio”.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destacou que “por fin podemos retomar unha actividade máis ou menos normal despois da pandemia que é moi importante porque o comercio local viviu unha situación moi crítica e este evento o que pretende é precisamente iso, potenciar o comercio de proximidade e a aposta do Concello de Barbadás por un sector relevante no municipio”.

 

  • Para contribuír ao despegue de un sector tan importante en Barbadás é importante “recuperar tamén unha das actividades principais dos últimos anos”.

 

  • Ao longo do último ano dende o Concello apoiouse ao sector comercial, campañas de Nadal. Colaboración estreita cos comerciantes mediante a distribución gratuíta de bolsas, indicou Valcárcel.

 

  • Alejandra Rodríguez, de Carussa Baby, falou “en representación dos/as comerciantes, dos comercios a pé de rúa, para manter as rúas vivas”.

 

  • Explica que “fixemos esta agrupación de comercios de Barbadás, Celanova e Ourense para que nos coñezan e vexan o que traballamos nos últimos meses para organizar un evento en colaboración co Concello e con Carrefour”.

 

  • Rodríguez anticipou que “imos ter un montón de ofertas, de artigos de nova tempada e varios sorteos. Sortearanse 4 cofres valorados en 250 euros cada un deles, unha fin de semana nunha casa de turismo rural e  unha televisión”.

 

  • Na presentación do evento estiveron representantes de diferentes establecementos comerciais: Alejandra Rodríguez e Bea Mosquera, de Carussa Baby; Mari Carmen Casas, de Bel moda; Marisol Pérez, de Mysol Lencería e zapatillas; Jimena Rey, de Toffe Glass; Luz Estévez, de Pillabáns e Olga Prieto, de Más que un sueño.

 

  • Listado de establecementos presentes no “Feirón”:
    • Golosiños,
    • Mysol,
    • Pillabáns,
    • Carussa,
    • Komoda moda,
    • Mamalúa,
    • Lee Carrusel,
    • Mi Gatito Pepo,
    • Roupero de Uxía,
    • Delphin Termomix Nespresso,
    • Elma,
    • Twins men,
    • Twins,
    • Más que un sueño,
    • Muebles Utile,
    • Toffe Glass,
    • Pequeña coqueta,
    • Pequebolas,
    • Librería Valenzá,
    • Bel,
    • JM peluqueros,
    • Muebles Gosende.

FEIRÓN en Barbadás

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1726374739

SINGLE.1726374739