06/04/2025

Barbadás acolle unha formación práctica de candidatos a Protección Civil

Formación Protección Civil
  • O curso, impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) habilita aos participantes a formar parte do sistema integrado de Protección Civil e Emerxencias
  • A aula tecnolóxica do Parque da Solaina e un campo habilitado para as prácticas acolleron a actividade este sábado

O concello de Barbadás foi este sábado a sede da formación práctica dos candidatos a voluntarios de Protección Civil de varios municipios da provincia. Os cursos son impartidos pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e forman parte do seu programa de formación continua e descentralizada. 

A aula tecnolóxica do Parque da solaina e un campo habilitado para as prácticas acolleron a xornada formativa. Unha vez superado o curso, o alumnado adquire a condición de voluntarios no sistema integrado de Protección Civil e Emerxencias de Galicia, adscribíndose cada un á agrupación do seu concello. A formación consistiu no manexo de equipos de comunicación TETRA, primeiros auxilios e utilización de extintores. 

O concelleiro de Emerxencias, Daniel Rey, avanza que Barbadás será este ano a sede do curso de 2º nivel de extinción de incendios e tamén do curso de busca de persoas desaparecidas. Nese senso, o edil agradece a confianza depositada en Barbadás por AGASP e polo servizo provincial de emerxencias da Xunta.

Emerxencias, Novas

CONTENT.1747869498

SINGLE.1747869498