26/11/2025
Barbadás anima á veciñanza a sumarse á compostaxe doméstica

O Concello de Barbadás aposta pola implantación da compostaxe doméstica e continúa coa campaña de sensibilización ambiental no municipio. Este venres, día 28, o Centro Empresarial Transfronteirizo acolle unha nova entrega de composteiros domésticos para a poboación, ademais dunha breve explicación coas pautas básicas para iniciar correctamente o proceso de compostaxe no fogar. A charla comeza ás 19,00 horas.
O goberno local anima ás persoas que aínda non se teñan sumado a facelo nos próximos días, lembrando que a compostaxe doméstica é unha ferramenta eficaz para reducir biorresiduos, diminuír o volume de lixo que chega a vertedoiro e contribuír a un modelo máis sostible e respectuoso co medio ambiente.
As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web (https://www.barbadas.ocaminosostible.gal). Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal.
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

