03/09/2019
Barbadás asina un protocolo para mellorar a protección ás vítimas de violencia de xénero
O CONCELLO DE BARBADÁS ASINA O PROTOCOLO DE COORDINACIÓN DAS FORZAS E COPRPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO E A POLICÍA LOCAL PARA A PROTECCIÓN DE VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel asinaron tamén 2 acordos técnicos no marco do VioGén
VioGén é o sistema de seguemento integral dos casos de violencia de xénero
- Hoxe martes tivo lugar no Concello de Barbadás a xunta local de seguridade na que estiveron presentes o Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, a Xefa da Unidade de Violencia de Xénero sobre a Muller da Subdelegación de Ourense, María Alida Iglesias, o Comandante de puesto de Ourense da Garda Civil, José Manuel Moral, o xefe Territorial de Presidencia, Manuel Prado, o xefe da Policía Local, Fernando Freire e o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel. Tamén estiveron a concelleira de Igualdade, Elisabet González, e a tenente alcaldesa, Victoria Morenza.
- No marco da xunta local de seguridade formalizouse a incorporación do Concello de Barbadás a VioGén.
- Afonso e Valcárcel asinaron un protocolo de coordinación das forzas e corpos de seguridade e de coordinación cos órganos xudiciais para a protección das vítimas da violencia de xénero.
- Este acordo formaliza a colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local no reparto de vítimas á hora de realizar o seguemento.
- Os funcionarios especializados de policía local e os da garda civil terán comunicación fluída por diversos medios para intercambiar información sobre a vítima ou o autor.
- O obxectivo deste protocolo é optimizar os recursos humanos e materiais. Producirase tamén unha transmisión recíproca da información.
- A finalidade é garantir o ccumprimento eficaz das medidas xudiciais de protección ás vítimas, evitando posibles duplicidades na resposta aos casos que se susciten.
- Esta mañá, no marco da xunta local de seguridade de Barbadás, asináronse tamén 2 acordos técnicos para definir a colaboración e coordinación da Garda Civil e da Polícía Local nos que se definen os pasos a realizar dende o coñecemento dos feitos de violencia ata as labores de coordinación pasando por os traslados iniciais das vítimas, as actuacións sobre o agresor, a valoración do risco ou a aplicación de medidas de protección.
- A sinatura tanto dos acordos técnicos coma do protocolo son o paso previo para a firma entre o Ministerio do Interior e o Concello de Barbadás de un convenio para a incorporación do corpo da Policía Local ó sistema de seguemento integral dos casos de violencia de xénero.
- Este convenio profundizará nas medidas de protección ás vítimas a través de unha axeitada coordinación das actuacións entre a Administración Xeral do Estado e das Entidades Locais co fin de previr e evitar riscos de novas agresións.
- A xunta local de seguridade evidenciou a necesaria coordinación tamén con todos os/as profesionais relacionados coa protección das vítimas: médico/a, traballadores/as sociais, educadores/as familiares, enfermeiras/os, policía, garda civil, psicólogos/as, sistema xudicial, etc.
- En Barbadás está en funcionamento dende hai meses un Centro de Información á Muller no que traballan na actualidade 3 profesionais: a directora do CIM, unha psicóloga e unha asesora legal (ubicación: praza de San Antón, Barbadás pobo).
- O futuro convenio que se asinará contribuirá na realización de un seguemento e protección máis efectivos e permitirán unh actuación máis áxil e eficaz para as vítimas.
- Coa incorporación de Barbadás a VioGén preténdese, entre outros obxectivos, proporcionar ás vítimas unha resposta policial de maior rapidez e de máxima sensibilidade, calidade e eficiciencia na atención e protección.
- Tamén se pretende proporcionar ás vítimas información clara e accesible sobre os dereitos e recursos existentes e facilitar a transmisión entre as Forzas e Corpos de Seguridade e os órganos xudiciais de toda a información relevante para a protección da vítima.