16/09/2026

Barbadás celebra a Semana Europea da Mobilidade cun circuíto ciclista para os máis pequenos

  • A actividade, dirixida a nenos e nenas de ata 10 anos, levarase a cabo mañá de 17,30 a 19,30 horas no Paseo dos Amieiros
  • “Este tipo de iniciativas permiten que a rapazada se divirta ao mesmo tempo que aprende educación viaria”, destaca o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel

O Concello de Barbadás celebra un ano máis a Semana Europea da Mobilidade co obxectivo de impulsar o transporte sostible e reducir o uso de vehículos a motor. “Debemos reducir o noso impacto no medio ambiente e avanzar no uso de medios de transporte alternativos ao coche”, sinala Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás. 

Dentro da campaña de concienciación, mañá celebrarase no Paseo dos Amieiros o Circuíto Ciclista Infantil, unha proposta dirixida a nenos e nenas de ata 10 anos con bicicleta, patíns ou patinetes. A actividade, impulsada pola Biciescola Maese Bike, inclúe un circuíto de educación viaria (con peóns, semáforos e sinais), unha xincana de adestramento e unha carpa de obradoiro de bicis. “Este tipo de iniciativas permiten que a rapazada se divirta ao mesmo tempo que aprende educación viaria”, destaca Valcárcel. 

A participación é gratuíta e é obrigatorio utilizar casco. A actividade comeza ás 17,30 horas e remata ás 19,30 horas. 

Novas

CONTENT.1791708681

SINGLE.1791708681