03/02/2021

Barbadás celebrará o Desfile do Entroido en formato virtual

Inscripción en liña entre o 1 e o 13 de febreiro

BARBADÁS CELEBRARÁ UN DESFILE VIRTUAL DO ENTROIDO COMO ALTERNATIVA DE OCIO PARA UNHA DAS CITAS MÁIS IMPORTANTES NESTE CONCELLO

A participación no Entroido virtual está aberta a toda a cidadanía para que participen de xeito individual, por parellas ou grupos de convivintes

O prazo de inscrición para participar no Entroido Virtual será dende o día 1 de Febreiro ao 13 de Febreiro de 2021 ata ás 14:00h, ambos incluídos

Cubre este formulario para participar no Entroido Virtual Barbadás ‘2021

 

  • O desfile virtual será o martes día 16 de febreiro durante todo o día e o seu percorrido poderá visualizar na páxina web: barbadas.gal e nas redes sociais do Concello de Barbadás.
  • As persoas que queiran participar no Desfile Virtual do Entroido de Barbadás deberán adxuntar a súa foto ( a/as foto/s deberán incorporar no disfraz unha mascarilla) e cubrir o formulario online de inscrición entre o día 1 de febreiro e o día 13 ás 14:00h, ambos os dous incluidos.
  • A cada grupo ou persoa inscrita adxudicaráselle un número coa orde de participación no desfile.

 

  • Os/as participantes deberán inscribirse nunha única categoría.

 

  • Poderá participar calquera persoa ou grupo de persoas (persoas conviventes) que presenten a solicitude no prazo establecido.

 

  • A inscrición realizarase a través dun formulario online que estará dispoñible na páxina web.

 

  • As solicitudes estarán dispoñibles na páxina web.

 

  • Para calquera dúbida ou información pode vostede chamar ao teléfono 988 24 68 85.

 

  • O desfile virtual establece 4 categorías: a) Comparsas: Conviventes sen número máximo, b) Parellas, c) Individuais Adultos, d)  Individuais Infantís (ata 12 anos). Haberá un premio especial para o disfrace máis inxenioso.
  • Premios:
  • Comparsas: 1º premio:450 €. 2º premio: 350 €. 3º premio: 250 €.
  • Parellas: 1º premio 150 € 2º premio 75 € 3º premio 50 €.
  • Individuais adultos: 1º premio 100 €. 2º premio 50€ 3º premio 25€
  • Individuais infantís: 1º premio bono regalo 100 €. 2º premio bono regalo 50€ 3º premio bono regalo 25€ Bono regalo para mercar en librerías e xogueterías do Concello, con data de caducidade o 30 de setembro de 2021.
  • Categoría Especial Premio de 100€ para o disfrace más enxenioso.
  • Con esta iniciativa o Concello de Barbadás “pretende seguir mantendo a tradición do Entroido no noso municipio a pesar do estado de pandemia, que se remonta a moitos anos atrás e que se iniciou nas parroquias do rural do noso concello e que se trasladou e pervive con moita intensidade na Valenzá”, indica Xosé Carlos Valcárcel, o alcalde de Barbadás.

 

  • Valcárcel explica que “é importante que a tradición deste Entroido se adapte á nova realidade e teña unha continuidade ata que a situación de emerxencia sanitaria desapareza”.

 

  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, comenta que “debido ás circunstancias tan excepcionais que estamos vivindo, faise necesario buscar unha alternativa para que todos e todas poidamos seguir gozando do noso Entroido. Como este ano temos que prescindir do desfile pola rúa, pero non das gañas de disfrazarnos, O Concello de Barbadás organizou o desfile do Entroido Barbadás 2021 en formato virtual”.

 

  • O pago dos premios realizarase mediante transferencia bancaria, presentando se é o caso, certificación da exención do IVE. Nos demais casos, as compensacións económicas estarán suxeitas ás retencións que correspondan en función da normativa fiscal.

 

  • O concurso terá un xurado composto por cinco persoas, unha en representación do Concello, con voz pero sen voto, e 4 en representación das Asociacións Culturais e/o Veciñais do Concello.

 

  • O xurado estará presidido por un membro dunha Asociación Cultural do Concello e actuará como secretario o coordinador de actividades culturais.

 

  • As persoas integrantes do xurado terán en conta á hora de valorar os participantes principalmente calidades que respondan ao espírito do Entroido (a graza, a orixinalidade, sátira, a transgresión), a creatividade e a elaboración do vestiario.

 

  • As cuestións de dúbida, interpretación, ou cambios derivados de imprevistos que xurdan durante o desenvolvemento serán resoltas pola Concellaría de Cultura.

 

  • A Concellaría de Cultura resérvase os cambios oportunos que poida considerar necesarios para o bo desenvolvemento do evento.

 

  • As bases que rexen a participación e o desenrolo do desfile virtual estarán suxeitas a calquera modificación para atender en todo momento as instruccións dictadas pola Autoridade Sanitaria.
  • O formulario habilitarase o día 1 de febreiro ás 00,01 horas.

Cultura, Eventos, Novas

CONTENT.1726076659

SINGLE.1726076659