03/12/2023

Barbadás crea unha comunidade enerxética para reducir a factura da luz da veciñanza e promover un concello sostible

Proporcionar aos cidadáns unha solución accesible para as súas necesidades enerxéticas é obxectivo que persegue o Concello ao impulsar a comunidade enerxética Barbadás Enerxía. A iniciativa será presentada o 12 de decembro, ás 19.00 horas na Casa da Cultura. Os veciños e veciñas obterán a información para sumarse a esta iniciativa que lles permite unirse para xerar e compartir enerxía renovable, reducindo así os custos de enerxía e contribuíndo ao coidado do medio ambiente.

A través desta oportunidade, o Concello de Barbadás pretende proporcionar un maior benestar e calidade de vida aos seus cidadáns, ao tempo que promove a redución da factura da luz e o coidado do entorno.

Fontes de enerxía limpas e sostibles

“Barbadás Enerxía” é unha comunidade enerxética de persoas, fogares ou empresas que se unen para xerar, consumir e compartir enerxía renovable. Esta enerxía xérase a partir de fontes limpas e sostibles, como paneis solares. Ao compartir a enerxía xerada, os participantes poden reducir as súas facturas de electricidade e diminuír a súa dependencia de fontes de enerxía non renovables.

A comunidade “Barbadás enerxía” é un paso cara a un futuro máis sostible e económico para Barbadás e os seus cidadáns. O Concello anima aos veciños e veciñas a sumarse a esta iniciativa e contribuír á construción dun futuro máis limpo.

A elaboración deste proxecto conta coa financiación da Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

 

 

 

Novas

CONTENT.1745329884

SINGLE.1745329884