24/06/2021

Barbadás crea unha páxina interactiva de Medio Ambiente

Información sobre a xestión de residuos no concello de Barbadás

Presentación web medio ambiente

O CONCELLO DE BARBADÁS PRETENDE IMPLICAR Á CIDADANÍA NO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE A TRAVÉS DE UNHA PÁXINA WEB INTERACTIVA

A finalidade é contribuír a que a cidadanía coñeza de xeito sinxelo e ameno a información interesante e útil sobre os residuos no concello de Barbadás, dende a recollida ata o tratamento en planta

A través desta páxina a veciñanza pode coñecer datos relativos á ubicación dos contedores, contías de recollida selectiva en quilos, equivalencias de hábitos saudables e xogos interactivos para poder concienciar á poboación

 

  • Este mediodía tivo lugar a presentación da páxina web interactiva de xestión de residuos en Barbadás. Coincidindo co feito de que o mes de xuño está adicado ao Medio Ambiente, o Concello de Barbadás dá a coñecer esta posibilidade interactiva para contribuir a que a cidadanía coñeza de xeito sinxelo e ameno a información interesante e útil sobre os residuos no concello de Barbadás, dende a recollida ata o tratamento en planta.

 

  • Entre os apartados da páxina poden consultarse que residuos xestiona o Concello de Barbadás, procesos que seguen os residuos e cales son os medios dispoñibles. Tamén pode coñecerse cal é o resultado da colaboración da veciñanza, que información de referencia pode consultar e como poden comunicarse co Concello, así como a normativa vixente.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que “dende o Concello de Barbadás decidimos crear esta ferramenta co obxectivo de ter un espazo actualizado en relación a reciclaxe para que se converta nunha fonte de información e entretemento, pero sen esquecer cal é o motivo fundamental e principal que nos levou a materializar este proxecto que non é outro que o coidado do medio ambiente e a mellora da xestión dos residuos do noso concello para así chegar a ser unha administración máis eficiente na xestión dos residuos e concienciando á veciñanza”.

 

  • O rexedor comentou que se trata con esta iniciativa “de dar un paso máis na filosofía de traballar en conxunto para colaborar en conseguir un planeta máis sostible e a o que nós queremos aportar o noso gran de área por pequeno que sexa”.

 

  • Esta páxina web “pretende ser un un ámbito de interacción e aprendizaxe para toda a cidadanía, que busca a implicación dos veciños e veciñas, axudando a todo tipo de persoas, dende os máis cativos e cativas, facilitando a aprendizaxe por medio de xogos, ata os máis maiores, servindo de guía para levar a cabo a separación de residuos así como para contactar co concello para tramitar e xestionar as solicitudes que precisen”.

 

  • Valcárcel falou tamén da satisfacción de unha iniciativa que pode ser “ta poida ser unha plataforma de axuda mutua, agradecendo xa de antemán todas as aportacións e suxestións que a veciñanza queira achegar e que de seguro fará que a experiencia no emprego da páxína sexa moito máis completa para todos e todas”.

 

  • Victoria Morenza, tenenta de alcalde e concelleira de Servizos Públicos, entre os que se atopa a recollida de residuos, abordou a “importancia de proceder adecuadamente a separar o lixo nos fogares co obxecto de reducir a cantidade de lixo xenérico ou resto do contedor verde”.

 

  • Morenza aportou datos que tamén se poden atopar na páxina web relativos á contía de quilos da fracción resto (contedor verde) recollidos en 2020, que foron un total de 3.591.920 quilos, en tanto que a recollida selectiva de envases e plástico foi de 169.860 quilos.

 

  • As porcentaxes de separación de residuos (un total de 523.515,38 quilos), a recollida selectiva do contedor amárelo supuxo un 32,44 %, o vidro un 31,24 %, os residuos voluminosos un 10,24 %, a roupa usada un 4,82 por cento, o aceite vexetal un 1,19 % e os tapóns solidarios un 0,15 %.

 

  • Este tipo de datos poden atoparse navegando na páxina interactiva do Concello de Barbadás, na que poden consultarse cifras coma os 241,38 quilos de roupa usada, os 104.215 quilos de papel/cartón, os 53.600 quilos de voluminosos, etc.

 

  • Morenza resaltou a importancia deste tipo de páxinas á hora de “coñecer as cifras próximas dos residuos que xeramos para poder así concienciarnos da importancia que ten que cada cidadá tome conciencia da importancia de seleccionar adecuadamente o lixo en orixe e deposítalo no contedor correcto”.

 

  • A concelleira de Servizos Públicos destacou que é fundamental a implantación de hábitos responsables para mellorar o medio ambiente: dobre os residuos de papel e cartón que xere para que ocupen o mínimo espazo posible en contedores. Asegúrese de que os seus residuos de papel e cartón non conteñan comida,  papeis plastificados, cueiros, etc. Baleire sempre o contido que queda dentro do envase e procura que estea o máis limpo posible a fin de facilitar o traballo dos/das operarios/as. Deposite os envases dobrados ou compactados para aforrar espazo. Non tire ao lixo os aparatos eléctricos ou electrónicos. A roupa usada que desexes depositar no contedor lávea, dóbrea e deposítea en bolsas pechadas dentro dos contedores. Os zapatos deben estar apareados e unidos polos cordóns ou ben con cinta e dentro dunha bolsa.

 

  • Todas estas recomendacións pode atopalas a persoa que acceda á páxina interactiva de Medio Ambiente do Concello de Barbadás. “Tamén pode atopar xogos para que participe toda a familia e se contribúa a concienciar na importancia de ter hábitos saudables na vida cotiá, sinalou Morenza.

 

  • Morenza destacou tamén “un aspecto moi construtivo e ilustrativo da páxina interactiva, como son as equivalencias que poden axudarnos a entender que coidar o noso entorno é esencial”.

 

  • EQUIVALENCIAS: Con 8 latas de conserva poderíase fabricar unha ola de cociña. Con 80 latas de refresco poderíase fabricar un aro de bicicleta. Con 8 caixas de cereais poderíase fabricar un libro. Con 6 cartóns baleiros poderíase fabricar unha caixa de zapatos. Con 6 cartóns de sopa reciclados poderíase fabricar un rolo de papel hixiénico. Con 40 botellas de plástico PET poderíase fabricar un forro polar. Con 550 latas de aluminio poderíase fabricar unha cadeira. Por cada folio reciclado afórrase a enerxía equivalente a 2 lámpadas de baixo consumo de 20w cada unha acesas durante 1 hora. Por cada tonelada de vidro reciclado afórrase unha enerxía equivalente a uns 136 litros de petróleo. A reciclaxe dunha tonelada de vidro evita a extracción duns 200 kg de materia prima. A enerxía que se aforraría con 1 botella de vidro podería iluminar unha lámpada de 100w durante 4 horas. Unha cantidade de 3.000 botellas de vidro recicladas equivalería á redución de 1.000 kgs. de lixo no vertedoiro. Por cada botella de plástico que se recicla, afórrase a enerxía necesaria para ter unha TV acesa durante 3 horas. Recuperar dúas toneladas de plástico equivalería a aforrar 1 tonelada de petróleo. Con 5 latas de aluminio recicladas poderíase fabricar un bote de aerosol. 1 litro de aceite doméstico podería contaminar uns 1.000 litros de auga.

 

  • O concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra, comeza a súa presentación agradecendo a todos os que participaron na creación da páxina web interactiva, a Avantis pola creación da ferramenta Genially, que foi da que nos servimos, á Fegamp e sobre todo a primeira persoa que se interesou por levar a cabo esta iniciativa que foi Juan Felipe Sutil, que estivo unha pequena tempada traballando neste Concello. Tamén agradecer a Martín Muñoz que a puliu e a rematou.

 

  • Sierra sinala que se trata de “unha páxina web interactiva a disposición de toda a veciñanza que ten como obxectivo a concienciación acerca da importancia da reciclaxe e da educación ambiental”.

 

  • A través da páxina “poderemos acceder de maneira moi intuitiva a unha gran variedade de apartados, dende a localización de contedores especiais, test interactivos, algún que outro xogo para os máis cativos ata aos custos do tratamento dos residuos para o concello”, indica o concelleiro de Medio Ambiente.

 

  • Esta páxina tentará ser unha ferramenta de axuda para facer máis sinxela a separación dos residuos así como ter á disposición de todo o mundo as distintas solicitudes e contactos, axilizando así os procesos de recollida e xestión.

 

  • Ademais o seu deseño e actividades interactivas “buscan chegar aos rapaces aos cales poder ensinar a importancia e o proceso da reciclaxe por medio dos centros educativos cos que se está a traballar para que fagan uso da mesma”, comentou Rafael Sierra.

 

  • Sierra anticipou que “aínda que a cantidade de información contida nela é elevada, o obxectivo é que a páxina non deixe de medrar e de manterse actualizada con máis novas, vídeos, imaxes, boas prácticas , etc, convertendoa así nunha ferramenta case de uso diario”.

 

  • O edil de Medio Ambiente matizou que “é moi importante coñecer a onde van os impostos da cidadanía, xa que nos custos de recollida de residuos e de limpeza diaria temos un déficit de 303.236,72 euros, tendo en conta o que recada o Concello de impostos de lixo e o que temos que pagar a Geseco, Sogama e Utramic, xa que se recadan 448.887 € /ano e gástanse 752.123,72 euros.

 

  • Sierra aproveitou a rolda de prensa tamén dicir que o Concello de Barbadás está traballando na implantación do quinto contedor de cor marrón, de orgánico para compost.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1734157187

SINGLE.1734157187