06/03/2025

Barbadás despide o Entroido coa tradicional Queima do Meco

Queima do Meco
  • Unha longa comitiva, composta por bispos, cregos, viúvas e monxas, acompañou ao Meco pola avenida de Celanova ata a Praza Vella da Valenzá
  • O dúo Mystic Fire sorprendeu ao público cun espectáculo de lume, pese á choiva
  • O invitado de honra, Nicolás Maduro, rematou ardendo cos mecos

Barbadás despediuse este mércores do Entroido como manda a tradición: cun desfile fúnebre, no que non faltaron os prantos e lamentos, e a posterior Queima do Meco. A comitiva partiu da avenida de Celanova da Valenzá para acompañar ao Meco ata a Praza Vella da localidade. Alí, Ruxiarte, Picassito e Filomena (os mecos realizados polos colexios O Ruxidoiro, Luis Vives e Filomena Dato, respectivamente), acabaron convertidos en cinzas. O dúo Mystic Fire sorprendeu ao público cun espectáculo de música e lume, pese á choiva. Nicolás Maduro, o “invitado de honra” da cita, rematou ardendo cos mecos.

A cacharela e os fogos artificiais puxeron o colofón final á ampla programación entroideira deste 2025. 

Durante estes días, milleiros de persoas gozaron do Entroido de Barbadás, con citas tan especiais como o Desfile Infantil ou o Gran Desfile do martes. O goberno local agradece a participación da veciñanza, así como de todas as persoas que participaron nas actividades e dos corpos de seguridade, que se encargaron de velar pola seguridade da poboación. 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1747209731

SINGLE.1747209731