09/07/2021
Barbadás e Ourense: mozos e mozas poden solicitar autocita para realizar cribado o sábado 10 de xullo en Expourense
Para poboación entre 16 e 35 anos
O GOBERNO DE BARBADÁS APELA Á RESPONSABILIDADE PARA QUE MOZOS/AS DE 16 A 35 ANOS SOLICITEN AUTOCITA PARA O CRIBADO QUE SE EFECTUARÁ EN EXPOURENSE O SÁBADO DÍA 10
Para facilitar a asistencia pódese solicitar autocita no seguinte enlace https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx
Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destaca que “acudir a este cribado é fundamental para poder recuperar canto antes a normalidade na vida de toda a colectividade pero tamén permitirá que finalmente cada un e unha de nós poida realizar unha vida sin restricións
- A situación epidemiolóxica da área Ourense-Barbadás evoluciona cara un nivel de preocupación sumamemente alto.
- A día de hoxe Barbadás ten 29 casos activos sendo as persoas mozas as máis afectadas por esta deriva. Mozos e mozas que están entre 16 e 35 anos.
- O SERGAS anunciou para este sábado día 10 de xullo en Expourense un cribado masivo para detectar os casos de Covid 19 na poboación comprendida entre as idades antes sinaladas.
- Actualmente máis do 50% dos casos están nesa franxa de idade polo que desde o Goberno de Barbadás solicitamos que todas as persoas que sexan citadas acudan ó cribado.
- Para facilitar a asistencia pódese solicitar autocita no seguinte enlace https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx
- “Acudir a este cribado é fundamental para poder recuperar canto antes a normalidade na vida de toda a colectividade pero tamén permitirá que finalmente cada un e unha de nós poida realizar unha vida sin restricións”, sinala o rexedor de Barbadás.
- Temos que ser conscientes de que a colaboración individual resulta fundamental para mellorar o nivel sanitario de todos e todas nós.
- Estamos na quinta onda e temos que pensar que as persoas non vacinadas son as que están en perigo de contraer o Covid e dende logo non están libres de acudir a Urxencias e incluso acabar na UCI.
- Todos e todas queremos disfrutar dunha vida agradable e amable pero temos que ser conscientes de que o Covid ademais de significar morte tamén pode significar secuelas e que en con demasiada frencuencia poden ser de moi longa duración e complicar de xeito grave as nosas vidas e condicionar a das nosas familias e amizades.
- Esto ten que servir como reflexión e aliciente para acudir a este cribado.
#Sentidiño.
Un cordial saúdo,
Alcalde de Barbadás
Xosé Carlos Valcárcel