14/03/2022

Barbadás envía axuda humanitaria a Ucraína

BARBADÁS ENVÍA AXUDA HUMANITARIA A UCRAÍNA FROITO DA SOLIDARIEDADE CIDADÁ

Un vehículo cargado de roupa, comida, medicinas e produtos de hixiene recollidos entre a veciñánza recolleu hoxe 14 de marzo material para axudar á poboación ucraína

Dende o Concello transmiten o agradecemento á cidadanía que se volcou nesta campaña solidaria, así como a persoal do polideportivo , de Protección Civil e voluntarias/os do Banco Solidario

  • Dende o día 5 de marzo o Concello de Barbadás iniciou unha campaña de recollida solidaria para colaborar coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína, na que se recolleu roupa de abrigo, mantas, alimentos non perecedeiros, alimentos infantís, produtos farmacéuticos (gasas, tiritas, alcohol, etc.), artigos de hixiene persoal e outros enseres de primeira necesidade.

 

  • Esta campaña estivo activa durante dúas semanas en dous puntos de recollida no concello, no polideportivo municipal, en horario de 7 a 13 horas e de 16 a 22 horas, e nas instalacións de Protección Civil durante toda a xornada.

 

  • Hoxe ,día 14 de marzo, levouse a cabo o envío de todo este material solidario da veciñanza de Barbadás á Asociación Galega de Axuda a Ucraína.

 

  • A cantidade de material solidario aportado polos veciños e veciñas de Barbadás é de aproximadamente 1.500 quilos, para un camión de 20 metros cúbicos.

 

  • Dende a Concellería de Servizos Sociais, a concelleira responsable, Elisabet González Nistal, “queremos agradecer a solidaride amosada polos nosos veciños e polas nosas veciñas, xa que dende o primeiro momento se volcaron con esta iniciativa que a día de hoxe e debido á loxística, temos que interrumpir ata que as autoridades competentes nos indiquen como poder seguir colaborando, xa que somos conscientes da grande inquedanza da poboación por seguir apoiando ao pobo ucraíno, na aínda vixente situación de emerxencia humanitaria. E asegurar que tan pronto como sexa posible daremos a oportunidade á veciñanza de participar nunha nova campaña de recollida”.

 

  • Dende a Corporación Local, unha vez máis, non temos por menos que sinalar o espíritu solidario da nosa comunidade, xa amosado durante a pandemia de xeito exemplar, destacou González Nistal.

 

  • González Nistal anunciou que varias/os voluntarias/os do Banco Solidario de Barbadás participarán na clasificación das doazóns coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína.

 

  • A asociación de axuda a Ucraína ten un local en Ourense cidade, na rúa Vasco da Ponte en horario de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas. O teléfono de contacto é 988 24 47.

 

  • Dende o Concello de Barbadás a tenente alcalde, Victoria Morenza, indicou que “queremos transmitir o agradecemento por todas as doazóns e a solidariedade amosada pola comunidade, un agradecemento que facemos extensivo a Protección Civil, persoal do Concello, do polideportivo e de todas as persoas involucradas nesta iniciativa de axuda humanitaria”.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Servizos sociais

CONTENT.1729006394

SINGLE.1729006394