08/11/2022

Barbadás estará por primeira vez en “Xantar” ofrecendo productos artesanais e potencialidades de natureza, música e deporte

Do 9 ao 13 de novembro de 2022, en Expourense

BARBADÁS ESTARÁ REPRESENTADA POR PRIMEIRA VEZ NUN STAND TURÍSTICO EN “XANTAR”

O público poderá degustar produtos típicos de Barbadás: mel, marmeladas, cervexa artesanal, repostería, produtos de beleza

O deporte tamén estará representado pola visita ao stand de xogadores da Unión Deportiva Barbadás, equipo que o día 12 xogrará un partido da Copa do Rei contra o Valladolid no estadio do Couto

O stand de Barbadás terá tamén animación musical coa presenza de músicos tradicionais de Nova Fronteira o venres e o sábado

  • O Concello de Barbadás terá presenza por primeira vez no Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará entre os días 9 ao 13 de novembro.

 

  • O stand turístico ofrecerá unha variedade de produtos artesanais: mel, marmeladas, cervexa, repostería, produtos de beleza, purés e cremas de verduras e hortalizas.

 

  • O espazo de Barbadás ofrecerá aos/ás visitantes información turística sobre o municipio a través da difusión de un díptico onde se poden coñecer as potencialidades: a zona natural de O Pisco(Barbadás), a Fraga de Louredo (Santa Uxía), o Museo da Gaita de Fole e o Museo Etnográfico de Loiro.

 

  • No folleto turístico tamén se desgrana as potencialidades patrimoniais de Barbadás: igrexas, capelas e os 3 pazos, o de Bentraces, o de Lemos (San Lourenzo de Piñor) e o da Mitra (Sobrado do Bispo).

 

  • O novo folleto turístico especifica as posibilidades que existen no ámbito das rutas naturais. Un total de 9 rutas cos correspondendes códigos QR para realizalas: San Bieito de Cova do Lobo; Barbadás-Os Castros-Aponte; A Valenzá-O Tangaraño; A Valenzá-San Bieito; A Valenzá-Miradoiro do Miño-Piñor; Ruta por Barbadás; A Valenzá-A Botoureira; A Valenzá-Celanova e por último a da Fervenza de Barbadás.

 

  • No stand de Barbadás poderán coñecerse os produtos artesanais da empresa agroalimentaria Jofesa baixo a marca “Fit Fruit”: cremas de cabaza, de verduras, de cenoria, de allo porro e de calabacín. Tamén marmeladas cento por cento naturais: de cirola vermella, de fresa, gourmet tomate, extra de kiwi, de melocotón, albaricoque, cereixa, ou piña e mango. Tamén elaboran unha ampla variedade de purés de froitas para os/as máis cativos/as.

 

  • A cervexa A Esmorga e o Mel de Ousande e polen do mesmo productor tamén estarán presentes no stand promocional de Barbadás.

 

  • Ademais estará a Asociación Apícola de Galicia, con sede no Centro Empresarial Transfronteirizo, expoñendo a súa gama de produtos de beleza elaborados a base de mel. “Bela colmea”.

 

  • Estarán todos os días en horario de 12 do mediodía a 20,00 horas.

 

  • No apartado gastronómico terán presenza o finalista do concurso de pinchos “Barbadás a bocados”, Daytona. Tamén estarán representados os establecementos Toffee Glass, tenda e Pastelería Alento. Estará o domingo 13 de novembro entre as 13,00 e as 14,00 horas.

 

  • A tenda de repostería creativa Toffe Glass ofrecerá uns doces artesanais denominados “alfajorcitos” clásicos e con baño de chocolate. Estará o venres ás 20,00 horas.

 

  • A panadería e pastelería Alento ofrecerá unha representación de doces artesanais. Estarán o venres ás 19,30.

 

  • O deporte tamén estará representado pola visita ao stand de xogadores da Unión Deportiva Barbadás, equipo que o día 12 xogrará un partido da Copa do Rei contra o Valladolid no estadio do Couto. Estarán o xoves ás 20,00 horas.

 

  • O stand de Barbadás terá tamén animación musical coa presenza de músicos tradicionais de Nova Fronteira o venres e o sábado. Estarán o venres e sábado a partir das 19,30.

O Concello de Barbadás en Xantar 2022  

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1733807338

SINGLE.1733807338