28/10/2026

Barbadás festexa o Samaín cunha tarde de medo e diversión no Museo da Gaita de Fole

Concello de Barbadás - Samaín 2026
  • A programación deste sábado inclúe un obradoiro creativo de cabazas, cuxas prazas xa están cubertas, e un concerto moi especial con Brais das Hortas
  • “Convidamos á poboación a achegarse ao Museo da Gaita e desfrutar en familia da xornada, que de seguro vai ser moi divertida!”, apunta o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel

O Concello de Barbadás celebra Samaín este sábado, 31 de outubro, cunha terrorífica e divertida xornada no Museo da Gaita de Fole. O espazo cultural acollerá durante toda a tarde actividades dirixidas ás familias, nas que poderán participar tanto pequenos como maiores. “Haberá propostas creativas, para que os nenos e nenas poidan elaborar as súas propias cabazas, así como música en directo con Brais das Hortas. Convidamos á poboación a achegarse ao Museo da Gaita e desfrutar en familia da xornada, que de seguro vai ser moi divertida!”, apunta Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás.

A celebración do Samaín comezará ás 16,30 horas co obradoiro de cabazas, que se estenderá ata ás 18,30 horas. Durante a actividade, cuxas prazas xa están cubertas, os participantes poderán decorar a súa cabaza con materiais e técnicas de todo tipo. 

O concerto do músico, clown e narrador Brais das Hortas arrancará ás 19,00 horas, con entrada libre para todos os públicos. A proposta do artista galego mestura humor e música en directo, “unha mestura perfecta para festexar o día máis terrorífico do ano”, en palabras do alcalde.

Novas

12/11/2026

Éxito de inscricións na II Carreira Popular da Valenzá cun 50% máis de participantes

11/11/2026

Barbadás, moi preto de ti!

Barbadás - App incidencias

Descarga gratuitamente a aplicación Concello de Barbadás en Google Play (Android) ou App Store (iOS).

09/11/2026

Campamento de Nadal 2026

Barbadás-Campamento de Nadal 2026

Prazo de inscrición: do 16 ao 23 de novembro de 2026

CONTENT.1794712394

SINGLE.1794712394