13/05/2021

Barbadás habilita un Portal Inmobiliario gratuíto

inmobles.barbadas.es

BARBADÁS HABILITA UN PORTAL WEB,  inmobles.barbadas.es,  PARA A DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DE INMOBLES, TERREOS E NEGOCIOS UBICADOS NO MUNICIPIO

O Servizo de Promoción de Inmobles para o traspaso, aluguer ou venda ten carácter gratuíto

  • O Concello de Barbadás habilita un portal web para que propietarios/as, empresarios/as, axentes ou promotores/as que publiquen as súas propiedades ubicadas na área de influencia do municipio para a venda, aluguer ou traspaso.

 

  • O portal vai permitir coñecer os inmobles destacando todas as características que estes ofrecen (ubicación, prezo, instalacións…)  así como o réxime no que se ofertan (aluguer, traspaso, venda)

 

  • Esta iniciativa está dirixida a particulares, axencias, promotores/as para rexistrar os inmobles que desexen alugar, vender ou traspasar.

 

  • O sistema para ser usuario/a do portal inmobiliario realízase de forma sinxela rexistrándose no propio portal web.

 

  • Unha vez que a persoa que pase a ser usuario/a do portal inmobles.barbadas.es, poderá subir tantas propiedades como desexe ademais de  visualizalas,  editalas, ou eliminalas.

 

  • A web pretende facilitar a comunicación entre usuarios que busquen mercar unha vivenda, emprender un negocio, alugar unha casa,  unha finca, etcétera.

 

  • O Servizo de Promoción de Inmobles é unha iniciativa realizada dende o Centro Empresarial Transfronteirizo a través da Concellería de Promoción Económica.

 

  • Para coñecer máis detalles sobre este portal inmobiliario está habilitado o  teléfono 988 36 04 13 ou accedendo  inmobles.barbadas.es.

 

  • Lucía Rodríguez, Directora do Centro Empresarial Transfronteirizo, indica que “Barbadás non só ten que ser un lugar para vivir, senón tamén un lugar para traballar. O que nos diferencia de outros portais, que pode haber de similares características,   é a dispoñibilidade non só de vivendas senón tamén de terreos ou locais onde se poidan crear empresas”.

 

  • Segundo Lucía Rodríguez “trátase de atraer xente nova que viva e traballe en Barbadás, crear emprego. Con ese obxectivo,  para apoiar esa creación de emprego neses locais que están baleiros, o Concello adica todos os anos unha parte do Orzamento para as axudas a emprendedores/as.”

 

  • Victoria Morenza, Tenenta de  Alcalde, comeza a presentación, que tivo lugar hoxe no Centro Empresarial Transfronteirizo, indicando a novidade e a globalidade de esta iniciativa que abrangue varios ámbitos para intentar dinamizar o sector inmobiliario en Barbadás, impulsada dende o ano pasado polo C.E.T. e pola súa directora Lucía Rodríguez, desenvolvida polo Concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Ramón Selas”.

 

  • Ramón Selas, concelleiro de Promoción Económica, asegura que dende o Concello apóstase polas novas tecnoloxías, xa que son o futuro. “Con este portal facilitarase o punto de encontro entre os inmobles (ben sexan propietarios, empresarios, axentes, ou promotoras) e potenciaranse así as vendas e alugueres de casas, vivendas, locais, terreos”.

 

  • “O mercado inmobiliario do concello de Barbadás, é un dos motores que move a economía, xa que somos dos poucos concellos de Ourense que medran en poboación e negocio”, destaca Ramón Selas.

 

  • Selas explica que dende o Centro Empresarial Transfronteirizo “estamos a asumir unha transformación dixital, tratando de crear plataformas que sexan sinxelas para o uso particular, tendo en conta as persoas de idade avanzada que teñen algunha dificultade para acceder os medios electrónicos, por iso este portal contempla como característica destacable esa facilidade para xestionala, incluso con soporte técnico para os usuarios”.

 

  • Este portal pretende ser un punto de encontro entre as dúas partes da operación, poñendo ao servizo dos interesados os avances tecnolóxicos.

 

Nova web inmobles.barbadas.es

Novas, Promoción económica

CONTENT.1713531012

SINGLE.1713531012