20/01/2024

Barbadás homenaxea aos maiores co cartel de Entroido “A miña terra”, inspirado na escultura do Parque dos Patos

A creatividade é obra do artista Rubén Alessandro Lucas García

2024-Banner-Barbadás-Cartel entroido
  • Unha muller sentada diante dunha máquina de coser cun gran sorriso e ultimando o que poderían ser os disfraces para os seus netos. É a imaxe do cartel do Entroido de Barbadás e a que se repite en moitos fogares nestas datas. Precisamente homenaxear aos maiores é a intención do artista gañador do certame de carteis, o autor murciano Rubén Alessandro Lucas García. A obra inspírase na escultura do Parque dos Patos dedicada aos maiores e esta tamén figura no cartel.

 

O xurado destacou a gran calidade artística desta creación que leva por título “A miña terra”, ademais da representatividade do Concello de Barbadás na obra e a unión de diferentes xeracións. O autor, que recibirá un premio de 500 euros, mostrou a súa ledicia por gañar o certame dun concello que coñece ben, xa que acostuma a veranear en Galicia e a disfrutar da gastronomía de Barbadás e dos paseos polo Parque dos Patos, onde descansa a escultura de homenaxe aos maiores que inspira a súa obra.

 

Nas bases do certame especificouse que a temática do cartel era de libre elección e interpretación do autor o autora, se ben debería reflectir o sentimento do Entroido de Barbadás en todas as súas facetas. A obra cumpriu este obxectivo con creces e así o valorou o xurado.

Presentación Cartel Entroido 2024 - Barbadás

Concurso de Mecos

O Concello de Barbadás quere premiar a creatividade de todos os veciños e veciñas que viven o espírito do Entroido. Por iso tamén convocou o Concurso de Mecos. Os interesados en participar poderán facelo ata o 2 de febreiro e os gañadores serán elixidos por votación popular. Establécense tres premios de 300, 200 e 100 euros.

2024-Entroido Barbadás - Concurso de mecos de entroido

 

 

Novas

CONTENT.1726325725

SINGLE.1726325725