31/08/2023
Barbadás mellora o acceso a explotacións agrarias
O firme da rúa Val do Muíño, foi obxecto dunha mellora para facilitar o acceso ás explotacións agrícolas.
Procedeuse ao arranxo do firme na rúa Val do Muíño da localidade de Barbadás, o que mellorará a accesibilidade ás fincas agrícolas.
- A rúa Val do Muíño, na localidade de Barbadás, preto do antigo pobo dos Muíños, foi obxecto dunha mellora do firme viario para facilitar o tránsito e o acceso ás explotacións agrícolas.
Barbadás pobo é unha das localidades da provincia na que se concentra unha importante actividade agrícola de plantación de produtos hortícolas
- O proxecto de mellora incluíu a limpeza de cunetas, o ensanche da plataforma do camiño nunha superficie de 143 metros cadrados e a instalación e 2 embocaduras para caño, así como a dotación de dobre rego asfáltico e ampliación da vía, significando unha mellora notable, que facilitará o acceso ás explotación agropecuarias desta zona.
- Tamén se procedeu ao bacheo de zonas puntuais nunha superficie de 154 metros cadrados e a colocación de un caño de 9 metros de lonxitude.
- O investimento total na mellora da rúa Val do Muíño ascende a 17.713 euros, traballo executado pola empresa Consernor.
- A concelleira de Infraestruturas, Victoria Morenza, destaca “a importancia da reforma deste vial na cohesión do territorio e a mellora das condicións de vida e traballo no medio rural, así como facilitar a accesibilidade e vertebración do territorio a través deste tipo de iniciativas sobre os camiños rurais”.
- Este tipo de melloras de camiños rurais aumentan a competitividade agraria e forestal porque facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior operatividade, nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado.
- Este proxecto de mellora da rúa do Val do Muíño enmárcase no Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a parcelas agrícolas financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.