04/10/2023

Barbadás optimiza o mantemento dos seus numerosos espazos verdes trala adquisición de maquinaria especializada

Optimizar o mantemento dos espazos verdes de Barbadás é o principal obxectivo que levou ao Concello a adquirir nova maquinaria especializada. Con máis dunha trintena de parques infantís, moitos deles con zona verde anexa, e numerosas pradeiras, os traballos de posta a punto preséntanse complexos. Coa recepción, esta mesma mañá, dun novo tractor rozadora de última xeración, que será empregado para a sega e roza da herba, obterase máis eficiencia nos traballos e mellores resultados que coas máquinas tradicionais.

A previsión é que o novo tractor rozadora comece a ser empregado nos próximos días. Cómpre destacar que conta cun mecanismo automático para o vaciado, polo que facilitará en gran medida as tarefas dos operarios.

A adquisición desta maquinaria, financiada con cargo á liña 2 do fondo adicional do Fondo  de Cooperación Local da Xunta de Galicia, demostra o compromiso do Concello de Barbadás coa mellora dos servizos públicos e o coidado dos espazos verdes do municipio. Esta acción permitirá un mantemento axeitado dos parques e xardíns, creando espazos acolledores e agradables para a veciñanza.

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, subliñou que Barbadás é un dos concellos que máis traballa na concienciación medioambiental: “Somos pioneiros na utilización de vehículos eléctricos e de enerxía verde”. Ademais, lembrou que o goberno local renovou nos últimos anos a flota de vehículos, adquirindo tres de gas licuado, un eléctrico, unha desbrozadora e o tractor que acaban de recibir.

A concelleira de Parques, Xardíns e Medioambiente, Victoria Morenza, tamén insistiu na importancia da renovación deste parque de vehículos e destacou que con esta nova adquisición de maquinaria “incídese na aposta pola eficiencia no mantemento das zonas verdes do Concello de Barbadás”.

 

Novas

CONTENT.1701227423

SINGLE.1701227423