09/03/2022
Barbadás Outlet: 11, 12 e 13 de marzo no Paseo dos Amieiros
BARBADÁS ACOLLE UNHA OUTLET CON COMERCIO DE PROXIDADE CON OFERTA GASTRONÓMICA E DE OCIO INFANTIL
O evento está organizado pola Asociación Centro Comercial Aberto da Valenzá
A Outlet de Barbadás ubicarase nunha carpa no Paseo dos Amieiros en horario de mañá e tarde os días 11,12 e 13 de marzo
- A concelleira de Comercio, Marga Pérez, comentou na presentación do evento da outlet que se trata de “unha nova iniciativa do Centro Comercial Aberto da Valenzá, un evento máis dos últimos que está realizando este colectivo nos últimos meses”.
- “Unha vez máis aquí está o Concello para estar ao carón deles e delas para colaborar en todo o que precisen porque son o motor económico do concello”, destaca a edil de Comercio.
- Pérez asegura que este evento “seguro que vai ser un éxito porque hai unha gran variedade de participantes e produtos para que todas as persoas que se acheguen este venres, sábado e domingo poidan facer as súas compras”.
- Este evento do comercio local de proximidade está complementado con propostas infantís, para que os/as nenos e nenas “poidan divertirse cando as familias realizan as súas compras e tamén con propostas gastronómicas para que poidan disfrutar de unha xornada completa”.
- A Outlet de Barbadás ubicarase nunha carpa no Paseo dos Amieiros en horario de mañá e tarde os días 11,12 e 13 de marzo.
- Dende a Concellería de Comercio “ao público para que se anime a acudir a Barbadás, a facer as súas compras e pasar un rato de ocio”.
- Mari Carmen Casas, de Bel Moda, invitou ao público en xeral “a que nos acompañen nesta feira de 3 días porque se vai ofertar unha ampla gama de actividades para os nenos, hostalaría e comercio de proximidade”.
- A Outlet de Barbadás contará con 20 stands, unha cafetería no interior e no exterior unha churrería e unha pulpeira, ademáis de atraccións para o público infantil.
- A oferta abranguerá textil para adultos/as e para nenos/as, zapaterías, golosinas, librarías, etc, comentou Casas.
- Alejandra Rodríguez Corral, presidenta da Asociación Centro Comercial Aberto da Valenzá, explicou na presentación da Outlet de Barbadás que “o que pretendemos con este evento é dinamizar o comercio local, de cercanía de proximidade, que últimamente é un sector que se está vendo prexudicado polo covid e pola crise”.
- O que se persegue é que “todos/as unidos/as fagamos forza a través da organización de varios eventos ao longo do ano presentándonos de forma agrupada”, sinala Rodríguez.
- O público infantil é unha prioridade neste evento “porque foron os/as máis pequenos/as quen estiveron pasando unha situación difícil.
- Tamén se aspira a apoiar ao sector da “feira” que tamén atravesou por momentos difíciles nos últimos tempos, indica Alejandra Rodríguez.
- A presidenta do Centro Comercial Aberto da Valenzá indicou que “queremos que a xente siga confiando en nós, vexa os negocios que temos en Barbadás, sempre contando coa colaboración do Concello, pois sen o apoio institucional sería complicada a organización de este tipo de eventos”.
- Nesta ocasión aumentouse o período no que se celebra o evento comercial precisamente a instancias da propia clientela, engadindo o sector da feira e da gastronomía.
- Listado de participantes:
– Carussa baby.
– La Cigüeña.
– Bel
– Libreria A Valenza.
-Libreria Espa
– Twins men
– Twins woman
– Elma
– Toffe glass
– Más que un sueño
– Ecomola
– Bar novo angazo
– Mimi flores-eventos
– Muebles gosende
– Daba nesspresso
– Pequeña coqueta
– Pequebolas.
– Punginsport.
– Pillabans.
– Mobles útile-melangue
– Calzados Nayra