14/03/2019
Barbadás Outlet: comercio local, actividades lúdicas infantís e desfile de moda canino
COMERCIO LOCAL, ACTIVIDADES LÚDICAS INFANTÍS E UN DESFILE DE MODA COMBINADO CON PRESENTACIÓN DE MASCOTAS EN ADOPCIÓN CONFLUIRÁN NA “BARBADÁS OUTLET”
Un desfile de moda acompañado de mascotas será unha das iniciativas novidosas do evento co obxectivo é visibilizar o “non abandono” e o “non ao maltrato animal”
Unha zona de ocio infantil con obradoiros variados favorecerá que as persoas que acudan poidan disfrutar comodamente da feira da oportunidade
- A presentación da “Barbadás Outlet” tivo lugar hoxe xoves na Valenzá, coa presencia de comerciantes participantes e da concelleira de Comercio, Marga Pérez.
- As actividades infantís desenrolaranse no recinto do Barbadás Outlet. Habilitarase un espazo infantil, onde os/asmáis cativos/as van poder divertirse e xogar durante os horarios de apertura da feira outlet.
- Entre as actividades dirixidas aos/ás máis cativos/as figuran o baile, talleres de manualidades, de música, mentras os/as maiores fan as súas compras.
- Un desfile de moda dos establecementos participantes acompañados de mascotas será unha das actividades novidosas do evento. A cita será o sábado ás 19,00 horas.
- Marisa Varela, da asociación canina “La can”, explica que “para dar a coñecer aos animais da protectora e fomentar a adopción, un grupo de tendas mostrarán as súas tendencias e os/as modelos irán acompañados de animais”.
- O obxectivo é visibilizar o “non abandono” e o “non ao maltrato animal”.
- Os fondos recadados neste desfile serán destinados para os cans que están en acollida e para os gatos que forman parte do proxecto “Non sen a miña mascota”, así coma para os gastos de asistencia veterinaria e alimentación de mulleres vítimas de violencia de xénero que se atopan en casas de acollida.
- A concelleira de Comercio, Marga Pérez, destaca que a “Barbadás Outlet” é unha “oportunidade para que os/as visitantes coñezan o conxunto de tendas das que dispón A Valenzá, na súa maioría situadas na avenida de Celanova co obxectivo de que en futuras ocasións ao ser coñecidas grazas á feira acudan a establecementos de moda, deporte, estética, tendas infantís, floristerías, librerías, zapaterías, etc”.
- A “Barbadás Outlet” conta na súa segunda edición con un espazo moito máis amplo e con un maior número de participantes. O escenario elixido nesta segunda edición foi o polideportivo municipal.
- Marga Pérez comentou que nesta segunda edición aumentou o número de participantes que ofrecen unha gran variedade de produtos: moda de home, muller, infantil, calzado, estética, decoración, librerías, etc.
- A concelleira de Comercio invitou á participación neste evento que se desenrolará no pavillón da Valenzá, resumindo que os/as visitantes “atoparán unha ampla variedade de produtos de alta calidade a uns prezos moi económicos e asequibles”.
- Mari Carmen Casas, de “Bel Moda”, destacou que actualmente na Valenzá hai un amplo abano de oferta comercial e “esta é unha ocasión importante para que a xente coñeza o comercio local, que veñan a vernos e coñecer o que temos”. Anticipou que vai haber agasallos para as persoas que acudan a “Barbadás Outlet, sorteos, polo que animou á cidadanía a participar neste evento”.
- Paqui Bouza, de “La Cigüeña” animou á veciñanza a acudir á “Barbadás Outlet” “porque temos moita amplitude de comercios de todo tipo, con iniciativas moi interesantes que propician que se coñeza o comercio local”.
- Bouza falou dos importantes descontos que ofertarán os comercios que participan na “Barbadás Outlet”.
- Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, sinala que a “Barbadás Outlet “ é unha aposta no camiño de potenciar a actividade comercial de Barbadás e poñer en valor este sector no ámbito de influencia da comarca de Ourense.
- Valcárcel incidiu na calidade dos servizos de atención, da formación dos/as comerciantes de Barbadás e, sobre todo, na oferta que realizan.
- Un dos obxectivos deste tipo de eventos pasan pola implicación do comercio local na iniciativa de potenciación do sector por parte do Concello de Barbadás. “O feito de que nesta edición están presentes un maior número de comerciantes demostra que eles/elas mesmos recoñecen que é unha actividade produtiva para o seu negocio”, afirma.
- O horario de apertura das instalacións do “Barbadás Outlet” será de 11,00-14,30 e de 17,00 a 21,30 horas os días 16 e 17 de marzo.
- Listado de establecementos participantes: Toffe Glass, Carussa Baby, Mía Valle, Liset, Librería A Valenzá, Código Bike, Muebles Gosende, La Cigüeña, Érase dúas veces o Gato con Botas, Twins, Twins Men, Calzados Zocos, Librería Espa, Idunna, Bel Moda e Complementos, O Roupeiro de Uxía, Valenmoble, JM Peluquería Masculina, Kibu Coffe Shop, Armería Jardín, Shinyu, Mimi Flores, Queen&Co, La Pequeña Coqueta e KomodaModa.
- Máis información en barbadas.es; no Facebook de “Comercio Local de Barbadás”; no Facebook “Concello de Barbadás”. No Twiter “Concello de Barbadás” e no Instagran “concello_barbadas.