04/03/2020

Barbadás Outlet: impulso do comercio local (7 e 8 de marzo)

O COMERCIO LOCAL DE BARBADÁS PRETENDE DINAMIZAR O CONSUMO NA TERCEIRA EDICIÓN DE “BARBADÁS OUTLET” OS DÍAS 7 E 8 DE MARZO

Moda, decoración, doces e fogar nun evento con prezos “outlet”

Habilitarase tamén un “Espazo de animación infantil”

  • “Barbadás outlet” reunirá a 22 firmas comerciais de decoración, moda, doces e fogar no polideportivo de Barbadás os días 7 e 8 de marzo.
  • O horario do evento comercial é de 11,00 a 14,00 horas e pola tarde de 16,00 a 21,00 horas.
  • Cristina Arias, da zapatería “O gato con botas”, comentou una presentación que os/as comerciantes “estamos moi contentos/as con esta iniciativa do Concello porque nos dá a oportunidade de reunirnos nun espazo no que estarán tendas de todo tipo: alimentación, roupa, calzado, alimentación, perruquería, tamén haberá un espazo de animación infantil”.
  • Arias destacou o importante que son este tipo de eventos “para apoiar ao comercio local”, un sector que precisa dinamización. Segundo Cristina Arias “para nós é moi importante estar nun espazo todas/os xuntos/as para ofrecer a amplia variedade no comercio local.
  • Listado de participantes: Toffee Glass, Carussa Baby, La Cigüeña, Librería A Valenzá, Don Gato, O Roupeiro de Uxía, JM Perruquería masculina, Valenmoble, Calzados Zocos, Pillabáns, Twins Men, Samsara, Twins, O Gato con botas, Bel, Mía Valle, La Pequeña coqueta, C&R complementos, Komodamoda, Alma, Marosa Vázquez e Gaia contigo. A asociación canina “La Can” tamén disporá de un stand para publicitar a súa actividade.
  • O rexedor de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou que “é un éxito que o aforo estea completo, con un total de 22 participantes”. “Barbadás Outlet “ é unha aposta decidida polo comercio, motor da economía local, motivo polo que dende o Concello apoiamos esta e todo tipo de iniciativas para dinamizar o sector.
  • Valcarcel comentou que en Barbadás apenas hai establecementos sen actividade e as razóns principais son que “hai unha poboación xoven que merca no comercio local e uns/unhas comerciantes que contribúen á súa dinamización.
  • Na fotografía aparecen Cristina Arias (O gato con botas), Luz Estévez (Pillabáns), Alejandra Rodríguez e Beatriz Mosquera (Carussa Baby), Jimena Rey (Toffee Glass), María Fernández (Mía valle), Rosi Gómez (Twins) e José Andrés Montero (JM perruquería masculina). Tamén están na presentación do evento o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Comercio, Marga Pérez.
  • O feito de que case todas as representantes dos comercios que estaban presentes na presentación fosen mulleres demostra, segundo o alcalde, o importante traballo que fan como impulsoras do comercio local.
  • Marga Pérez, concelleira de Comercio, esta “terceira edición do Barbadás Outlet facilitará que os/as comerciantes poidan liquidar os artigos da tempada de inverno”. É fundamental que a veciñanza coñeza o comercio local e que contribúan ao seu apoio coa súa presenza e as compras nunha variada gama de productos: moda, doces, calzado, libraría, doces, etc, indicou Pérez.

Comercio, Novas

CONTENT.1733943471

SINGLE.1733943471