01/06/2022

Barbadás: presente no itinerario do Rallye de Ourense

O 18 de xuño

BARBADÁS ACOLLERÁ OS TESTS OFICIAIS DO RALLYE DE OURENSE O 18 DE XUÑO A PROBA TERÁ O PERCORRIDO POR DIFERENTES PUNTOS DO MUNICIPIO

O percorrido iniciarase na Valenzá, na contorna do campo de fútbol “ Os Carrís”, pasando por Barbadás, San Benito da Cova do Lobo e rematando en Piñor.

Ao acto de presentación do Rallye de Ourense acudiron representantes do Concello de Barbadás: Victoria Morenza, tenente alcalde e Abel Cortés, concelleiro de Deportes

 

  • Este mediodía presentouse en Ourense a 55 edición do rallye de Ourense, que este ano transcorre por Barbadás.
  • En representación do Concello de Barbadás estiveron a tenente alcalde, Victoria Morenza, e Abel Cortés concelleiro de Deportes. Na imaxe aparecen xunto coa representación institucional de Barbadás, o presidente de Escudería Ourense, Jano Fraga, e o xefe de seguridade do rallye, Pepe Sampayo.
  • Cando se cumpre a 55 edición do Rallye de Ourense Barbadás será escenario da realización dos test oficiais e dunha nova proba automobilística do Super Campionato de España de Rallyes.
  • Despois do éxito do pasado ano realizando os test oficiais na Valenzá, agora toca mostrar máis apoio a esta proba de carácter nacional que sitúa ao Concello de Barbadás no mapa deportivo de máis alto nivel.
  • Os test oficiais celebraranse o 14 de xuño na Valenzá e o 18 de xuño realizarase a proba, que terá dúas pasadas polo territorio de Barbadás, iniciándose o percorrido na Valenzá, na contorna do campo de fútbol “ Os Carrís”, pasando por Barbadás e San Benito da Cova do Lobo e rematando en Piñor.
  • Victoria Morenza, tenente alcalde, indica que “a participación do Concello de Barbadás é unha aposta segura por un evento deportivo que atraerá ao noso municipio aos mellores pilotos e á mellor aficción”.
  • A integración de Barbadás no Rallye de Ourense é tamén unha oportunidade para proxectar unha imaxe da nosa contorna que gozarán os/as espectadores/as, xa que o trazado das probas percorre lugares “naturalmente” espectaculares, e que ademais, supoñerá un impulso dinamizador e económico para a zona.
  • Abel Cortés, concelleiro de Deportes, agradece á Organización o feito de que “contaran con Barbadás, os nosos recursos estarán á súa disposición para que as probas sexan un éxito e todos podamos gozar dun gran acontecemento deportivo como é o Rallye de Ourense”.

Barbadás Quéreo Viveo, Deportes, Novas

CONTENT.1711717413

SINGLE.1711717413