22/10/2021

Barbadás recepciona 3 vehículos de gas licuado

Etiqueta ECO

O CONCELLO DE BARBADÁS RECEPCIONOU 3 VEHÍCULOS QUE DISPOÑEN DE ETIQUETA ECO, CON BAIXA EMISIÓN DE CO2 Á ATMOSFERA

Un Dacia Lodgy, unha Renault Express e un Dacia Sandero contribuirán a mellorar a flota do parque móbil da entidade local

O financiamento é conxunto da Xunta de Galicia, que aporta 30.000 euros, en tanto que o Concello achega 19.500 € para a compra dos vehículos

Un dos vehículos destinarase ao uso por parte do Concello e os outros 2 para as brigadas de Obras e Xardinería

  • O Concello de Barbadás recepcionou este mediodía 3 vehículos que dispoñen de etiqueta ECO, con baixa emisión de CO2 á atmosfera.
  • Trátase de un Dacia Lodgy, unha Renault Express e un Dacia Sandero, que contribuirán a mellorar a flota do parque móbil da entidade local.

 

  • A compra dos vehículos efectuouse a través de unha licitación pública. O custo total, IVE incluído, é de 49.500 euros.
    O financiamento para custear a compra dos vehículos é conxunto entre a Xunta de Galicia, que aporta 30.000 euros, en tanto que o Concello de Barbadás achega 19.500 euros.

 

  • Con este tipo de iniciativas, enmarcadas na subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta, apóstase pola mobilidade sostible.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explicou no acto de recepción que “estamos na entrega de tres vehículos con distintivo medio ambiental 0 ou Eco que son unha mostra mais do Concello de Barbadás polo medio ambiente”.

 

  • Valcárcel incidiu en que se trata de “unha aposta que xa se vén reiterando varios anos mediante adquisición de outro vehículo que tamén tiña características similares, naquel entón era un vehículo cento por cento eléctrico, e tamén polo feito que estamos substituíndo a iluminación do Concello por iluminación led”.

 

  • O rexedor sinalou que os 3 vehículos adquirido “cumpren con todos os requisitos ambientais actuais e que polo tanto, insisto, inciden na aposta do Concello de Barbadás polo Medio Ambiente”. Agradeceu á Xunta de Galicia esta aposta polo Medio Ambiente, mentres que dende o Concello seguiremos traballando nesta liña de mellorar a loita en contra dos contaminantes e a prol das enerxías renovables”.

 

  • A tenente alcalde, Victoria Morenza, destacou que “os vehículos propulsados con enerxías alternativas aos combustibles fósiles tradicionais xa forman parte da mobilidade substentable no transporte a nivel global”.

 

  • Morenza destaca os beneficios deste tipo de vehículos en materia de diversificación enerxética e redución da dependencia dos produtos petrolíferos, así como pola redución de emisións de CO2 e e outras emisións contaminantes e de efecto invernadoiro.

 

  • Rafael Sierra, concelleiro de Medio Ambiente, fixo fincapé na mellora da calidade do aire dos pobos e núcleos de poboación coa utilización de este tipo de vehículos. Falou da diminución “da contaminación acústica e do beneficio de que se consuman enerxías de fontes renovables”

 

Infraestruturas/Obras/Servizos, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1742760678

SINGLE.1742760678