25/10/2021

Barbadás reduce a factura no subministro eléctrico

O CONCELLO DE BARBADÁS AFORRARÁ UN 10 % NA FACTURA DO SUBMINISTRO ELÉCTRICO

A Administración Local adxudicou recentemente o subministro de enerxía eléctrica en instalacións municipais e alumeado público con un prezo pechado durante 2 anos

  • Na licitación dispoñíanse dous lotes, o primeiro comprendendo os subministros con potencia contratada inferior a 10 kW, no que concorreron 7 empresas comercializadoras e resultando a oferta máis vantaxosa a presentada por Gas Natural Comercializadora S.A, por 139.184,80 euros.

 

  • Por outra banda no segundo dos lotes, que comprendía os subministros con potencia contratada superior a 10 kW concorreron tamén 7 licitadores, resultando adxudicataria Endesa Energía, S.A.U. cunha oferta de 115.871,22 euros.

 

  • A adxudicación en ambos casos realizouse á oferta máis baixa, acadando unha redución dos prezos da enerxía que producirá un aforro no gasto corrente do concello de arredor dos 40.000 euros anuais, é dicir, un 10% do gasto neste capítulo.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, afirma que “o de Barbadás é un dos primeiros concellos que licita este servizo esencial para a cidadanía polo custo que supón. Esta licitación resolveuse meses antes de que se producira o incremento do custo do subministro eléctrico. E supoñerá un aforro de aproximadamente 40.000 euros, o que redundará na mellora de outros servizos e na atención a outras necesidades municipais”.

 

  • A tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza, destacou o importante aforro para as arcas municipais do contrato de subministro eléctrico, con un prezo pechado por 2 anos.

 

  • Morenza sinalou a aposta do Concello de Barbadás pola eficiencia enerxética a través da licitación do subministro eléctrico e tamén coa mellora do alumeado público en diferentes zonas.

 

  • Coa instalación de luminarias led no pobo de Santa Uxía, nun tramo da avenida de Celanova e nas rúas Canella, Tomás Rodríguez Punxín, Severo Ochoa, Ensino, Carrís e Picouto, “conségúese non só unha maior calidade na iluminación, senón tamén unha redución substancial no consumo e unha diminución da contaminación lumínica”.

 

  • Morenza informou tamén que a eficiencia enerxética pasa tamén por actuacións puntuais de instalación de luminarias led no entorno do centro comercial Carrefour, Lidl, accesos á rúa 17 de Maio e accesos dende a N-540. Tamén se instalaron luminarias led nas rúas San Bernabé e Altamira.

 

  • Ademais está en período de adxudicación a substitución de todas as luminaria no pobo de Sobrado por equipos de iluminación de led, o que implicará un importante aforro enerxético tamén.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1711646946

SINGLE.1711646946