07/03/2025
Barbadás reforza o seu compromiso coas políticas de igualdade de xénero

- A concelleira de Igualdade, Elisabet González, leu esta mañá o Manifesto do Concello de Barbadás polo Día da Muller
- Na súa intervención, recordou as eivas todavía existentes na área laboral, na conciliación ou na educación
O Concello de Barbadás comprométese neste 8-M a seguir traballando a prol da igualdade entre homes e mulleres. A concelleira de Igualdade, Elisabet González, leu esta mañá o Manifesto polo Día da Muller, no que resaltou as eivas todavía existentes en áreas como o traballo, a conciliación ou a educación. “Só mediante a acción política transversal integral poderemos construír unha sociedade igualitaria”, recalcou.
Nesa liña, a concelleira reafirmou o compromiso do Concello de Barbadás cas mulleres a través do “deseño, elaboración e apoio” de todas as políticas públicas necesarias para mellorar a vida das veciñas. “Somos a institución máis próxima a cidadanía, e por iso seguiremos traballando dende a perspectiva de xénero”, resaltou. A edila tamén fixo fincapé en retos pendentes como a corresponsabilidade na familia e no fogar, a educación afectiva-sexual baseada no respecto e na igualdade ou a erradicación da violencia de xénero en todas as súas formas.
A concelleira de Igualdade leu o Manifesto no salón de plenos da Casa do Concello, acompañada por integrantes do grupo de goberno, representantes do PP, do CIM de Barbadás, da Policía Local, do funcionariado municipal, de Protección Civil e da veciñanza.