29/01/2024

Barbadás reivindica o Entroido más tradicional cun desfile de máscaras das Señoritas e Labardeiros de Mugares

Barbadás reivindica o Entroido máis tradicional coas Mascaradas Ancestrais. Despois de que o ano pasado as Bonitas de Sande deran a coñecer a súa historia, este ano as máscaras das Señoritas e Labardeiros de Mugares (Toén) serán as que percorran o casco vello de Barbadás. O desfile, que dará comezo este sábado ás 17.00 horas, estará acompañado do Folión Os Trebóns e rematará cunha festa no Museo da Gaita de Fole. Neste punto farase unha pequena explicación dos traxes tradicionais do Entroido de Mugares e actuarán As Lambisqueiras de Barbadás e Os Lubicáns.

O Concello de Barbadás pretende poñer o foco na tradición e elaborou un programa de Entroido que quere reivindicar a súa historia. A programación arrancou a pasada fin de semana cun Obradoiro de Mecos dirixido ás familias no Museo da Faita de Fole. Durante o día de hoxe está previsto celebrar un Obradoiro de Compadres e Comadres no CEIP Filomena Dato e a actividade repetirase o mércores no CEIP O Ruxidoiro.

Esta é a programación detallada para os próximos días:

29 de xaneiro: Obradoiro de Compadres e Comadres no CEIP Filomena Dato.

31 de xaneiro: Obradoiro de Compadres e Comadres no CEIP O Ruxidoiro.

1 de febreiro: Regueifa de Compadres na Praza Vella da Valenzá. 12.30 horas.

2 de febreiro: Obradoiro de Gorros de Labardeiros no Museo da Gaita. 17.00 horas.

3 de febreiro. Mascaradas Ancestrais. Dedicada ás Señoritas e Labardeiros de Mugares. Pasarrúas amenizado polo folión Os Trebóns.

7 de febreiro: Masterclass especial de Entroido. Polideportivo municipal. 20.00 horas.

8 de febreiro: Regueifa de Comadres. Praza Vella da Valenzá. 12.30 horas.

9 de febreiro: Desfile infantil e do Centro Ocupacional das Burgas pola avenida de Celanova. 12.00 horas.

Pregón con Improversados e sesión disco-móbil. 20.00 horas

Cea de comadres nos establecementos hostaleiros. 21.30 horas.

Festa con Gramola Disco. 23.00 horas.

12 de febreiro: Festa e concurso de disfraces infantil. Parque da Solaina. 16.00 horas.

Photocall especial do Entroido amenizado por DJ. Casa da Mocidade. 18.00 horas.

13 de febreiro: Gran desfile de Entroido. Avenida de Celanova. 17.00 horas.

14 de febreiro: Desfile fúnebre e queima dos Mecos. Avenida de Celanova. 20.00 horas.

Espectáculo de danza aérea con lume e fogos artificiais. Praza Vella da Valenzá. 21.00 horas.

Ademais, organizouse un Concurso de Mecos no que se repartirán 600 euros en premios e os interesados poden consultar as bases na páxina web do Concello de Barbadás.

 

 

 

 

Novas

CONTENT.1726320618

SINGLE.1726320618