15/03/2023

Barbadás une forzas con San Cibrao e A Merca para sanear os seus ríos cunha inversión de 8 millóns de euros

- Os tres alcaldes presentaron o proxecto, que presentarán aos Fondos de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea nun exemplo de colaboración entre a concellos veciños

Barbadás, que é o promotor do proxecto, San Cibrao e A Merca proxectan unha intervención conxunta sobre os seus espazos fluviais cunha inversión de preto de 8 millóns de euros, nun exemplo de colaboración entre concellos limítrofes que foi enxalzado polos tres rexidores.

O groso da inversión, máis da metade, levarase a cabo no Concello de Barbadás, tal e como explicaron esta mañá tanto o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, como a tenente alcalde, Victoria Morenza. Ambos compareceron xunto aos alcaldes de San Cibrao e  A Merca, nos que planifican unha inversión de preto de 3,7 millóns de euros. En total, 7,9 millóns de euros sen IVE.

Ao principio da rolda de prensa desta mañá, Victoria Morenza, explicou que o obxectivo final deste proxecto é “impulsar un novo modelo de desenvolvemento que se mellore a calidade de vida da veciñanza e a resiliencia frote o cambio climático”.

Xosé Carlos Valcárcel destacou que “dos case 8 millóns de euros do orzamento, máis da metade serán destinados ao concello de Barbadás” e sinalou a importancia do proxecto “porque afecta a un número importante de poboación, especialmente en Barbadás, pero tamén no resto dos concellos”.  En total, estamos a falar, de máis de 10.500 habitantes, dos que preto de 7.500 están localizados no termo municipal do que Valcárcel é alcalde.

Tamén explicou que esta estratexia “servirá como base para o desenvolvemento de intervencións futuras que contribuirán á mellora do ecosistema fluvial e a súa integración coas contornas urbanas dos tres concellos”.

Este proxecto é un exemplo de colaboración institucional entre administracións de distinto sino político, polo que aproveitou para por en valor algo que ao se xuízo demanda a veciñanza: “boa sintonía entre os tres concellos limítrofes amosando, tamén de forma conxunta,  o  seu interese por mellorar a vida dos veciños”.  Estamos a falar, engadiu, dun “proxecto é de interese xeral para os tres concellos, pero tamén para toda a provincia de Ourense”.

Segundo explicou Valcárcel, este proxecto está redactado desde principios de ano, agardando pola próxima convocatoria dos fondos de Recuperación en Resiliencia destinados a actuacións medioambientais.

Pola súa banda o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández, destacou a importancia do proxecto porque “permite mellorar as augas do río polo que transcorre” e tildou a estratexia en conxunto de “ambiciosa e boa para a veciñanza e a calidade das augas.”

O alcalde de A Merca, José Manuel Garrido , asegurou que se trata de “de coidar o que temos” e engadiu que “é unha actuación en favor da natureza e da veciñanza”. Ademáis, Garrido destacou que lle causa “unha grande ilusión este proxecto” nado da “colaboración cos outros dos concellos”

Con un orzamento de case 8 millóns de euros, esta estratexia require unha intervención integral e a recuperación da calidade das augas. Por iso, combínase con actuacións sobre os sistemas de saneamento e depuración que consisten na mellora das redes de colectores, así como das instalacións de depuración existentes que verán incrementada a súa capacidade e nivel de tratamento ao introducir en todas elas un tratamento secundario. Por tanto, con estas actuacións conseguirase unha mellora substancial na calidade da efluente vertedura aos leitos que cruzan os municipios de San Cibrao das Viñas, Barbadás e A Merca. Ademais coas melloras en colectores e bombeos previstas reduciranse os alivios sen tratamento. Desta maneira, preténdese conseguir unha mellora na calidade das augas do medio receptor e un aumento da capacidade de servizo de saneamento e depuración dos municipios.

Estas actuacións van en liña coa preservación do litoral e os recursos hídricos, enmarcados no compoñente 5 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, buscando dirixir un esforzo  real, directo e coordenado a impulsar un novo modelo de desenvolvemento no que se mellore a calidade de vida dos cidadáns e a resiliencia fronte ao cambio climático.

Situación e emprazamento das actuacións

As obras que se contemplan sitúanse dentro dos Concellos de Barbadás, A Merca e San Cibrao das Viñas, concretamente ao longo dos ríos Barbadás, Dous Muíños (ambos os afluentes do río Barbaña), Traveso (no que se desenvolverán as actuacións en relación coa senda), os regachos Ruxidoiro e Porto e afluentes sen nome.

CONCELLO POR CONCELLO

BARBADÁS

Senda fluvial:

  • A creación dunha senda fluvial de 4.833 metros lineais ten por obxecto mellorar a accesibilidade e poñer en valor os espazos fluviais do municipio. O proxecto inclúe a roza e limpeza superficial das marxes do río para reducir o risco de desbordamento e inundación e a plantación de novos exemplares de arbolado de especies autóctonas. A senda será un itinerario de uso peonil e ciclista e contará cun ancho aproximado de 2,5 metros. O proxecto tamén prevé a colocación de paneis informativos, papeleiras, bancos, fontes e soportes para bicicletas, así como a construción de pasarelas naqueles puntos do percorrido onde sexa necesario atravesar o leito.

 

  • Os puntos nos que se creará a senda fluvial ou se dará continuación á senda xa existente son os que pasan por Rúa Calzada Romana (xunto ao Carrefour, existe unha senda que nun punto non hai comunicación), ou o pobo de Moureán, moi utilizado polos veciños para pasear, pero sen existencia de trazado. A senda finalizará no núcleo de Pontón, punto de conexión coa senda de San Cibrao das Viñas.

Saneamento

O proxecto inclúe a análise da rede de saneamento e depuración co obxectivo de mellorar o servizo e dar solución a diferentes problemáticas que presentan os puntos da rede. Propón actuacións en:

1) Bombeo Rúa dá Calzada/Pontón

Proponse a súa substitución por un novo que presenta unha obra civil máis accesible e estanca. Ademais, que conte cun equipamento máis eficiente e cun sistema de control e automatización que facilite os labores de explotación e seguimento.

2) Os Muíños

Proponse mellorar o proceso de tratamento existente cun tratamento secundario que permita mellorar a calidade das augas do efluente de vertedura e ao mesmo tempo que teña menor consumo enerxético e por tanto sexa máis sostible.

3) Regacho das Anguías

A actuación consistiría na realización dun novo colector de augas residuais pola marxe do regacho, así como a retirada do existente. Para facilitar a accesibilidade das persoas, así como os labores de mantemento, prevese a realización dunha senda de marxe cunha anchura media de 2,5 metros . Ademais, na zona de maior desnivel prevese unha pasarela de madeira de aproximadamente 50 metros de lonxitude. Como parte das actuacións prevese tamén unha revexetación e restauración paisaxística da contorna.

4) Tanque de tormenta

Resulta necesario a execución dun tanque de tormentas que lamine as augas durante os períodos de choiva enviando cara á EDAR de Reza o caudal máximo consignado e ao mesmo tempo minimizando os alivios ao medio en base aos obxectivos ambientais.

Ademais, prevese a substitución do colector interceptor actual por un de maior capacidade que garanta que todas as augas chegarán ao tanque.

5) Bombeo As Lamas

Proponse a súa substitución por un novo que presenta unha obra civil máis accesible e estanca. Ademais, que conte cun equipamento máis eficiente e cun sistema de control e automatización que facilite os labores de explotación e seguimento.

SAN CIBRAO

Senda fluvial

A creación dunha senda fluvial de 6.052 metros lineais ten por obxecto mellorar a accesibilidade e poñer en valor os espazos fluviais do municipio de San Cibrao das Viñas. O proxecto inclúe a roza e limpeza superficial das marxes do río para reducir o risco de desbordamento e inundación e a plantación de novos exemplares de especies autóctonas. A senda será un itinerario de uso peonil e ciclista e contará cun ancho aproximado de 2,5 metros. O proxecto tamén prevé a colocación de paneis informativos, papeleiras, bancos, fontes e soportes para bicicletas, así como a construción de pasarelas naqueles puntos do percorrido onde sexa necesario atravesar o leito.

O trazado da senda arrinca no límite co municipio da Merca, nas proximidades de Montelongo de Arriba e discorre ao longo do río Traveso ata as proximidades do Alto do Pontón, no límite con Barbadás tras atravesar o Espazo Natural de Interese Local (ENIL) de Boutureira.

Saneamento

O Concello de San Cibrao solicita unha primeira análise da rede de saneamento e depuración co obxectivo de mellorar o servizo e dar solución a diferentes problemáticas que presentan os puntos da rede, realízase unha visita de campo na que se analizan cada un destes puntos:

  1. Fosa de Montelongo
  2. Fosa do regacho do Ruxidoiro
  3. Fosa próxima a Pazos
  4. Bombeo Ponche de Pazos
  5. Loiro
  6. Rego dous Muiños

A MERCA

Senda fluvial

A creación dunha senda fluvial de 2.851 metros lineais ten por obxecto mellorar a accesibilidade e poñer en valor os espazos fluviais do municipio da Merca. O proxecto inclúe a roza e limpeza superficial das marxes do río para reducir o risco de desbordamento e inundación e a plantación de novos exemplares de especies autóctonas. A senda será un itinerario de uso peonil e ciclista e contará cun ancho aproximado de 2,5 metros. O proxecto tamén prevé a colocación de paneis informativos, papeleiras, bancos, fontes e soportes para bicicletas, así como a construción de pasarelas naqueles puntos do percorrido onde sexa necesario atravesar o leito.

O trazado da senda arrinca nas proximidades da aldea de Bouzas e discorre ao longo do río Traveso ata as proximidades de Nigueiroá, no límite con San Cibrao das Viñas.

Saneamento

O Concello de A Merca solicita unha primeira análise da rede de saneamento e depuración co obxectivo de mellorar o servizo e dar solución a diferentes problemáticas que presentan os puntos da rede, realízase unha visita de campo na que se analizan cada un destes puntos:

  1. Fosa de Bouzas
  2. Fosa de A Manchica
  3. Fosa de A Manchica – Pías – Val de Seixo
  4. Solveira
  5. Fosa de Nigueiroá
  6. Fosa de Matusiños
  7. Fosa do Vilar de Paio Muñiz
  8. Fosa de Vilachá
  9. Fosa do Val da Mezquita
  10. Fosa de A Mezquita
  11. Fosa de A Merca

 

 

 

Novas, ,

25/05/2024

O CIM de Barbadás atendeu no último ano a 132 mulleres de toda a comarca, case un 30 % máis que no anterior

24/05/2024

Lista de admitidos e excluidos para curso 2024-2025 da Escola Infantil Municipal

Lista de admitidos e excluidos Escola Infantil Municipal para curso 2024-2025

23/05/2024

Campamento lúdico de inglés verán 2024

Prazo inscrición: 24 de maio - 31 de maio.

CONTENT.1716835072

SINGLE.1716835072