03/12/2021

Bea e Alejandra amigas e socias que deixaron o paro hai 10 anos con Carussa Baby

Emprendemento en Barbadás

CARUSSA BABY: BEATRIZ MOSQUERA IGLESIAS Y ALEJANDRA RODRÍGUEZ CORRAL. '2/12/2021
  • Beatriz Mosquera Iglesias e Alejandra Rodríguez Corral estudaron xuntas o Maxisterio para educación primaria e traballaron xuntas durante uns meses, despois cadraban nun grupo de moteir@s e nas festas da Saínza, en setembro de 2011, as dúas estaban no paro e quedaron para falar.

 

  • Víronse no Oren Exprés da Valenzá   cerca da casa de Bea e puxéronse a buscar franquicias por internet. “Ya habíamos reservado el bajo en el que estamos ahora, porque nos gustaba mucho, pero no sabíamos para qué”, lembra Alejandra.

 

  • Escolleron a Valenzá porque vían moita xente nova polas rúasy había tantos bebés por todas partes que circulaba la broma de que si una mujer se sentaba en una terraza, quedaba embarazada”, relata Bea.

 

  • Era unha realidade en Barbadás: a taxa de natalidade chegou a ser a maior de Galicia e aínda está entre as máis altas, e un dos poucos concellos galegos con saldo vexetativo positivo.

 

  • Neste contexto, Bea e Alejandra buscaron e atoparon a franquicia Carussa de Menorca. Tras chegar a un acordo co propietario abriron tenda o 11 de novembro de 2011 con todo o vencellado ao eido da puericultura.

 

  • O propietario da franquicia desapareceu mes e medio despois e as amigas recibiron cartas para avisalas de que fora denunciado.

 

  • “Dejamos de pagar el canon y tiramos para adelante, contando con el apoyo de los caseros del bajo que siempre fueron buenísimos con nosotras y fueron nuestra buena suerte”, lembra Alejandra.
CARUSSA BABY: BEATRIZ MOSQUERA IGLESIAS Y ALEJANDRA RODRÍGUEZ CORRAL. '2/12/2021
CARUSSA BABY: BEATRIZ MOSQUERA IGLESIAS Y ALEJANDRA RODRÍGUEZ CORRAL. ‘2/12/2021

Personalización e venta en liña

  • No quinto ano decidiron comezar a ofrecer produtos personalizados, e puxeron nome e data a todo o cotián dos bebés: toallas de baño, agasallos, mantiñas… e adicáronse á pequena tecnoloxía do eido infantil como os quenta-leites.

 

  • Nos centramos en lo pequeño aunque tenemos de todo y lo vendemos por catálogo” , engade Bea.

 

  • Coa apertura do local abriron conta en Facebook e levan tres anos en Instagram.

 

  • As persoas interesadas tamén poden mercar en liña. “Abrimos tienda de internet hace un año y llevamos los pedidos sin coste a todo Barbadás y ciudad de Ourense, pero aún es mayor la compra que nos hacen por Facebook y pagada por Bizum”, relata Bea.

 

  • Despois do parón da pandemia, din estar moi agradecidas polo remonte das ventas e o apoio de veciños e veciñas de Barbadás, de Ourense e de outros lugares da provincia.

 

  • E xa cumpriron dez anos na atenda, e tamén están en TikTok, onde celebraron os seus aniversarios con vídeos moi… cinematográficos. Que cumprades moitos máis no persoal e na tenda!!

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Promoción económica

CONTENT.1737576542

SINGLE.1737576542