11/01/2024
Bono Enerxía PEME
O Instituto Enerxético de Galicia abriu o prazo de solicitude da nova convocatoria do programa Bono Enerxía Peme. Unha iniciativa dirixida a pemes e autónomos para mellorar as instalacións enerxéticas.
Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións da CNAE 2009:
Sector servizos-sección CNAE 2009 |
División |
Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas |
45 a 47 |
Sección H: transporte e almacenamento |
49 a 53 |
Sección I: hostalaría |
55 a 56 |
Sección J: información e comunicacións |
58 a 63 |
Sección K: actividades financeiras e de seguros |
64 a 66 |
Sección L: actividades inmobiliarias |
68 |
Sección M: actividades profesionais, científicas e técnicas |
69 a 75 |
Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares |
77 a 82 |
Sección P: educación |
85 |
Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais |
86 a 88 |
Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento |
90 a 93 |
Sección S: outros servizos |
94 a 96 |
2. Os requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
Obxecto
Regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Z).
Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 14 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2024 (código de procedemento IN417Z).
Contía da axuda
1. A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación.
2. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude. A axuda asociada ao bono de asesoramento enerxético non computará para os efectos deste límite, e virá limitada polos custos elixibles máximos establecidos no artigo 2.
3. O importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, os 100.000 euros cando se trate de empresas de transportes de mercadoría por estrada por conta allea, os 40.000 euros para empresas do sector da pesca e da acuicultura e os 20.000 euros para empresas do sector agrícola.
4. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.
Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes (anexo I) subscribiranas directamente os interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
2. O prazo de presentación das solicitudes comeza o 10 de xaneiro de 2024 ás 9.00 horas e rematará o 26 de xuño dese mesmo ano.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
Prazo para a execución da instalación
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 2 de outubro de 2024.
Data | Adxuntos |
---|---|
11/01/2024 | Bono Enerxía PEME PDF [808 KB] |