10/07/2026

Bono Transporte do alumnado do ensino postobrigatorio do Concello de Barbadás

Presentación de solicitudes do día 13 de xullo ao 4 de setembro do ano 2026.

Barbadás-Transporte Escolar

O obxectivo do servizo é ofrecer as familias do concello un transporte para o alumnado de  bacharelato, ao ser un ciclo no que a Consellería de Educación xa non dispón deste  servizo.

 

Destinatarios

– O servizo de transporte de bacharelato está dirixido ao alumnado matriculado no IES Ferro Couselo nos cursos de 1º ou 2º de bacharelato durante o curso escolar 2026/2027

No suposto de quedar prazas vacantes unha vez adxudicadas as correspondentes ao  alumnado do IES Ferro Couselo podrán ser inscritos no servizo alumnos/as do IES  Universidade Laboral.

 

Prazos e lugar de presentación de inscricións.

– O prazo para a presentación de solicitudes será dende o día 13 de xullo ao 4 de setembro do ano 2026.

– A solicitude debidamente cumprimentada deberá presentarse por unha das seguintes  formas:

  •  De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás
    https://barbadas.sedelectronica.gal
  •  De forma presenci al no rexistro ( Casa do Concello, Oficinas A Valenzá)
  •  En calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.

 

Publicación dos admitidos/excluídos

– O listado de admitidos/as publicarase o día 8 de setembro de 2026 na páxina web do  Concello de Barbadás ( www.barbadas.es) . Publicaranse os números de rexistro de  entrada das persoas solicitantes.

– Os/as interesados/as en solicitar a alta como usuarios/as poderán facelo tamén con  posterioridade ao prazo de inscrición. Estarán suxeitos ás prazas dispoñibles.

Importe do servizo.

– O importe do servizo, segundo o prezo público aprobado, será de 10€ os meses de  setembro e xuño e 20€ os meses de outubro a maio.

 

Máis información:

– Teléfono de información: 988 24 68 85 ( Area de Educación).
– Correo electrónico: educacion@barbadas.es

Data Adxuntos
10/07/2026 Solicitude transporte alumnado ensino postobrigatorio (bacharelato). curso 2026-2027 PDF [119 KB]
10/07/2026 Bases reguladoras Transporte alumnado ensino postobrigatorio de Barbadás, curso 2026-2027 PDF [300 KB]

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1786316169

SINGLE.1786316169