10/06/2022
Bonos de innovación para pemes e microempresas
O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de axudas ás microempresas e pemes que realicen actividades de innovación que poidan levarse a cabo de maneira inmediata a través da contratación de servizos profesionais externos aos axentes de innovación para acadar un salto cualitativo e cuantitativo na súa actividade de I+D+i a curto prazo e repercutan directamente na capacidade para dar resposta aos retos actuais das empresas a través da innovación.
- Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
- Tipo de axuda: Subvención a fondo perdido.
- Incentivo: 70% dos custes de contratación dos Bonos de Innovación nas seguintes modalidades:
- Liña 1: Apoio á innovación (Axudas entre 21.000 € e 35.000 €)
- Liña 2: Xestión financiamento (Axudas máximo 5.000 € para cada unha das tipoloxías de bonos (A e B)
As axudas deste programa poderán ser solicitadas por:
- Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais, de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014
- Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda
Prazo de presentación de solicitudes ata o día 11 de xullo de 2022.
Data | Adxuntos |
---|---|
10/06/2022 | Axudas bonos de innovación PDF [919 KB] |