26/04/2021

Bonos-desconto para mercar no comercio local de Barbadás

Campaña bonos desconto "Barbadás ReVIVE"
CAMPAÑA DE BONOS “REVIVE OS COMERCIOS DE BARBADÁS, DÍA DA NAI”
Non perda a oportunidade de gastar no comercio local o bono-desconto
Descargue o bono de 10 euros para comprar calquera produto ou prenda en cada un dos 20 establecementos adheridos á campaña
– A campaña desenvolverase do 19 de abril ata o 30 de abril de 2021, ambos incluídos.
Vanse poñer en circulación 800 bonos.
– A campaña funcionará igual que as anteriores, a través da web comerciobarbadasrevive.es, onde as persoas empadroadas teñen que acceder para descargar o seu bono ( só un bono por persoa).
Os bonos:
• Serán nominativos, polo que as persoas deberán estar empadroadas no Concello de Barbadás e deberán facilitar o seu nome e apelidos, DNI, email e teléfono.
• Cada persoa poderá trocar un bono.
· O valor de 10 euros de desconto, deberá aplicarse na súa totalidade a unha compra de importe igual ou superior a 30 euros.
· Os bonos caducan ás 48 horas polo que, unha vez descargados se non se utilizan transcorrido ese tempo, perderán a súa validez.
· Para o seu troco teranse que presentar ao comerciante ben a través do correo descargado no móbil ou debidamente impresos antes de que perdan a súa vixencia (48 horas).
· No bono figurará o nome, apelido e DNI do cliente, así como un número de bono que deberán ser validados polo comerciante.

Comercio, Novas

CONTENT.1711650685

SINGLE.1711650685