17/06/2026
Servizo de Conciliación “BOS DÍAS COLE”. Curso 2026-2027
Prazo de solicitudes do 15 de xuño ata o 3 de xullo de 2026.

BOS DÍAS COLE é un servizo ofrecido polo Concello de Barbadás co obxecto é facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar da cidadanía coa apertura dos centros docentes antes do horario lectivo de cada centro.
Destinatarios
O servizo “Bos Días Cole” está dirixido a familias con nenos/nenas matriculados/as nos centros educativos pertencentes ao ámbito municipal do Concello de Barbadás (CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro) durante o curso 2026/2027.
Horario
O horario de funcionamento do servizo “Bos Días Cole” será: dende as 7:30 horas ata as 9:15 horas.
O servizo “Bos días Cole” permanecerá aberto os días lectivos fixados no calendario lectivo aprobado para cada centro docente.
Prazos e e presentación de inscricións.
O prazo para a presentación de solicitudes será dende o día 15 de xuño ata o día 3 de xullo de 2026.
A solicitude debidamente cumprimentada xunto coa documentación que corresponda deberá presentarse por unha das seguintes formas:
- De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal
- De forma presencial no rexistro ( Casa do Concello, Oficinas A Valenzá )
- En calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.
O formulario de solicitude está adxunto a esta publicación.
Publicación dos admitidos/excluídos
O listado provisional de admitidos/as publicarase o día 15 de xullo de 2026 na páxina web
do Concello de Barbadás (www.barbadas.es).
Os listados definitivos publicaranse o 31 de xullo de 2026.
Lugar de desenvolvemento
O servizo “BOS DÍAS COLE” desenvolveranse nos espazos cedidos por cada un dos centros educativos.

| Data | Adxuntos |
|---|---|
| 17/06/2026 | Solicitude Bos dias cole curso 2026-2027 PDF [403 KB] |
| 17/06/2026 | Bases reguladoras Bos Días Cole Barbadás 2026 - 2027 PDF [406 KB] |