17/12/2018
Brancaneves e o ROCK AND ROLL
Aula Infantil do Teatro Experimental de Barbadás

Unha historia chea de tenrura e ilusións.
Un soño dunha nena que se converte en realidade, pertencer a unha Banda de Rock and Roll.
Brancaneves a pesar das dificultades que lle aparecerán no seu camiño, consegue levar a bo porto o desexo de ser unha cantande de Rock.
Unha oportunidade de acompañar aos nenos e nenas da Aula de Teatro Infantil con este último traballo e compartir con eles a experiencia dun “xogo teatral” que os enriqueza no seu crecemento persoal a través do Teatro.
Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María
Data: Xoves, 20 de decembro
Hora: 19.00 h
Entrada: Libre (Invitacións na Casa da Cultura)