11/12/2018
Caixiña Solidaria
Dende decembro do 2015, o Banco Solidario do concello de Barbadás, situado na rúa do Ensino 5, vén abrindo as súas portas para recoller e repartir entre as usuarias de Servizos Sociais (roupa, calzado, alimentación diversa, xoguetes,…).
Dada a proximidade das festa do Nadal, os vindeiros martes 11 e 18 deste mes de decembro, queremos facer entrega dunha “Caixiña Solidaria”, pretendendo ter un pequeno detalle con aquelas familias usuarias do Banco Solidario, con menos recursos económicos.