20/10/2021
ANDAINA Camiño Termal organizado pola Asociación Camiño Real de Bentraces
O 23 de outubre, saída ás 10:00 dende a iglexa de Loiro

UNHA RUTA POLO ANTIGO CAMIÑO TERMAL INICIA O PERCORRIDO EN LOIRO, BENTRACES, BARBADÁS, A VALENZÁ PARA REMATAR NA CATEDRAL DE OURENSE
A andaina está organizada pola Asociación Camiño Real de Bentraces, en colaboración coa asociación veciñal San Bieito, Loiro na memoria e o Concello de Barbadás
- A Asociación Camiño Real de Bentraces, a asociación veciñal San Bieito a asociación Loiro na memoria, coa colaboración do Concello de Barbadás, organizan unha andaina entre Loiro e a catedral de Ourense.
- A ruta sendeirista percorrerá o antigo Camiño Termal e será o 23 de outubro.
- A saída será dende a igrexa de Loiro ás 10,00 horas con destino á catedral de Ourense e haberá un autobús dispoñible para o regreso.
- As inscrición poden realizarse no e-mail antonpereiras@yahoo.es ou nos teléfonos 600551212/619056637.
- Os obxectivos son os de “promover accións vinculadas a impulsar e recuperar o roteiro histórico entre Braga e Ourense, que se coñeza e se promocione esta senda xacobea que implica recuperar camiños e carreiros históricos, preservar os elementos singulares, e incorporar sinalización da zona”, indica Antón Pereiras, da asociación Camiño Real e impulsor da iniciativa.
- ITINERARIO BARBADAS-OURENSE Desde Loiro descéndese polo Camiño Real ata Bentraces. Avituallamento en “Forno do Florente” Rúa de Abaixo. Continúase por Cima de Vila, Ermida de San Mauro, en Barbadas, e séguese baixando pola Cal ata o río pola Valenzá. Continuarase abeirando o río ata Ourense.