05/04/2022
Campamento de Semana Santa 2022
Datas: 11,12,13, e 18 de abril de 2022.
Horario: De 9 a 14 horas.
Idades: Nenos/as de 3 a 12 anos.
Lugar: Espazo Infantil (Parque da Solaina, A Valenzá)
O prazo de inscrición será do 28 de marzo ao 1 de abril de 2022 (ámbolos dous incluídos).
O mércores, 6 de abril publicarase a listaxe de admitidos para a actividade.
As solicitudes fóra do prazo sinalado estarán suxeitas á existencia de prazas libres.
As inscricións realizaranse por unha das seguintes formas:
-
De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Badás: https://barbadas.sedelectronica.gal.
-
De forma presencial no rexistro (Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168).
-
E en calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.8.
Deberá presentarse o modelo de solicitude debidamente cumprimentado e a seguinte documentación:
-
No caso de traballadores por conta allea: certificado da empresa en que se acredite o seu horario laboral.
-
No caso de traballadores por conta propia (autónomos) : declaración xurada do profesional que traballa por conta propia con indicación da xornada laboral, e o último recibo en vigor da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
-
No caso de que o/a menor conviva só cun dos seus proxenitores e non sexa familia monoparental: deberán achegar, ademais do anterior, sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou medidas paterno-filiais nas que se especifique o proxenitor o que pertence a custodia do menor.
-
No caso de familias monoparentais: deberán achegar ademais do anterior libro de familia.
-
No caso de que non exista vínculo matrimonial, e ambos proxenitores convivan co menor:deberán achegar, ademais do anterior, certificado de convivencia expedido polo Concello correspondente.
Máis información no tel. 988000234 (Mocidade)
Solicitude campamentos semana Santa-autoeditable
Bases reguladoras do campamento.