21/11/2024
Campamento Dixital dirixido a mozos/as de 13 a 17 anos
O Concello de Barbadás en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios organiza dúas formacións en competencias dixitais dirixidas á mocidade e a infancia durante as datas de vacacións escolares de Nadal.
Campamento dixital dirixido a mozos/as de 13 a 17 anos
Os alumnos e alumnas desenvolverán habilidades para xestionar mellor o tempo en liña, configurar a privacidade en redes sociais, protexer os datos persoais e buscar emprego, utilizando ferramentas dixitais como Canva ou Genially.
Contidos:
- Hábitos saudables de desconexión e benestar dixital
- Uso consciente de internet e as redes sociais
- Recomendacións sobre protección de datos, identidade dixital e reputación en liña
- Competencias dixitais para a procura de emprego
Datas: 2,3 e 4 de xaneiro de 2025
Hora: de 11 a 14 h, cun total de 9 h de formación.
Lugar: Casa da Mocidade (Rúa Os Diestros, 2, A Valenzá- Barbadás)
Prazas limitadas
Data límite de inscrición: 8 de decembro de 2024
Os interesados deberán solicitar a súa participación persoalmente na Casa da Mocidade ou no e-mail: xuventude@barbadas.es, presentando a seguinte documentación:
- Formulario de solicitude Solicitude campamento dixital mozos/as de 13 a 17 anos