08/07/2026
Campamento dixital en setembro para menores de 9 a 13 anos

Unha actividade para que a mocidade aprenda tecnoloxía de forma práctica.
📅 Información:
- Idades: De 9 a 13 anos.
- Datas: 2 e 3 de setembro de 2026.
- Horario: De 10:00 a 14:00 h.
- Lugar: Espazo Infantil (Parque da Solaina, A Valenzá).
- Prezo: De balde
✍️ Inscricións (Do 10 ao 24 de xullo)
As prazas son limitadas. Podes anotarte na Casa da Mocidade a través de:
- Teléfono: 988 000 234
- Correo: xuventude@barbadas.es
