12/05/2025

Listados provisionais campamentos “Barbadás Concilia Verán 2025”

Periodo de pago do 13 - 16 de maio.

2025-Barbadás-Banner- Concilia verán

“Barbadás Concilia Verán” 2025 trátase dun programa de conciliación con actividades que terán lugar nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas da mañá, organizado polo Concello de Barbadás.

 

  • Quendas: Todos as opcións ofértanse para cada unha das quincenas:
     1ª quincena xullo (1 a 15 de xullo)
     2ª quincena de xullo (16 a 31 de xullo, agás o día 25 por ser festivo autonómico)
     1ª quincena agosto ( 1 a 14 de agosto)
     2ª quincena de agosto (18 a 29 de agosto)

 

Os listados provisionais publícanse identificando o número de rexistro da solicitude.

PAGAMENTO

Para confirmar a praza adxudicada no listado provisional deberá realizarse o pago da mesma.

– O custo da praza para os solicitantes é de 20 euros por neno/a e quenda.

O pagamento deberá realizarse do  13 ao 16 de maio mediante ingreso ou transferencia bancaria o número de conta / IBAN: ABANCA (A VALENZÁ): ES21 2080 5342 5431 1000 9242

*Indicando como concepto “Barbadás Concilia”, o nome e apelidos do menor e o número de rexistro da solicitude.

Unha vez efectuado o ingreso correspondente, non se devolverá o importe satisfeito salvo que se acredite a imposibilidade do neno/a de asistir á actividade mediante certificado médico que deberá presentarse cun mínimo de antelación de 48 horas antes do inicio da actividade.

Listado definitivo publicarase o día 26 de maio.

ORGANIZA
Concello de Barbadás
Concellería de Educación.
Correo electrónico: educacion@barbadas.es

Inicio

 

2025-A3-barbadás concilia Verán2025

Data Adxuntos
12/05/2025 5OLICITUDE "Barbadás Concilia Verán 2025" PDF [270 KB]
12/05/2025 BASES "Barbadás Concilia Verán 2025" PDF [471 KB]
12/05/2025 Listado provisional 1 QUINCENA XULLO PDF [54 KB]
12/05/2025 Listado provisional 2 QUINCENA XULLO PDF [54 KB]
12/05/2025 Listado provisional 1 QUINCENA AGOSTO PDF [52 KB]
12/05/2025 Listada provisioanal 2 QUINCENA AGOSTO PDF [54 KB]

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1747871330

SINGLE.1747871330