20/06/2020
Campamentos de Verán “Concilia Barbadás”
Prazo inscrición 22 - 25 de xuño

O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN “CONCILIA BARBADÁS COMEZA O LUNS 22 DE XUÑO ATA O XOVES 25 DE XUÑO
As inscricións poden realizars de forma telemática ou presencial con cita previa
Ofértanse un total de 140 prazas por quincena durante os meses de xullo e agosto
- A participación nos campamentos terá como requisitos indispensables que o/s proxenitor/es estén traballando no periodo solicitado de disfrute do campamento e que teñan a idade cumprida requirida para o campamento que se solicita no momento da
- O prazo de inscrición será desde o luns 22 ata o xoves 25 de xuño (ámbos dous incluídos) podendo ampliar este prazo en caso de non cubrir a totalidade das prazas.
- Nos días inmediatamente posteriores ao prazo de inscrición (cando se contrasten todos os datos) publicarase a listaxe de admitidos/as publicada na páxina web do Concello de Barbadás xunto cas listas de espera.
- Criterios de adxudicación:
- – No caso de que o número de prazas solicitadas non supere o número de prazas ofertadas, a adxudicación de prazas realizarase de forma directa.
- A adxudicación realizarase segundo a orde de prioridade fixada na solicitude.
- No caso de que o numero de prazas solicitadas si supere o número de prazas ofertadas:
– As prazas serán preferentemente para usuarios que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás. No caso de que, as solicitudes que cumpran con este criterio supere ao de prazas dispoñibles, resolverase usando como criterio, entre éstas, o resultado obtido o 26 de febreiro do Sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021 da Xunta de Galicia (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013).
– Os/as solicitantes non admitidos pasarán a formar parte dunha lista de espera, seguindo a orde establecida no apartado anterior, primeiro os solicitantes que teñan polo menos 1 proxenitor empadroado no Concello de Barbadás ordeados segundo o especificado no apartado 5.2, e despois os solicitantes que non cumpran dito criterio, ordeados segundo o resultado obtido o 26 de febreiro do Sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión 2020/2021 da Xunta de Galicia (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013).
– No caso de que varios irmáns presenten solicitude para o mesmo campamento e quenda, o feito de que un dos irmáns sexa admitido, suporá a admisión dos demáis irmáns.
– No caso de que o solicitante se lle adxudiquen dous campamentos, a adxudicación do segundo campamento quedará condicionada a que non existan en lista de espera de dito campamento solicitantes aos que non lle adxudicase ningún campamento.
– Os solicitantes admitidos deberán realizar o pagamento e presentar o xustificante de pago no prazo e forma que se indicarán na publicación dos listados de admitidos/as.
– Chamamento por lista de espera: No suposto de que quedasen prazas vacantes, chamarase por rigorosoa orde ós solicitantes en lista de espera, que deberán efectuar o pagamento nun prazo de 2 días unha vez recibida a comunicación telefónica da súa admisión na actividade. Realizarase un máximo de 2 chamadas, de non ser posible a comunicación telefónica, chamarase ó seguinte solicitante da lista.
- As inscricións realizaranse por unha das seguintes formas:
- De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal.
- De forma presencial no rexistro con cita previa (Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168). En calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.
- Deberá presentarse a seguinte documentación:
– A folla de inscrición individual debidamente cumprimentada que se poderá descargar directamente na páxina web do concello, cuxa sinatura produce os efectos de autorización para a asistencia do menor á actividade.
– Xustificante certificado pola empresa do horario laboral e das vacacións solicitados no ano 2020 durante o periodo dos campamentos do proxenitor ou proxenitores.
– No caso de proxenitores divorciados/separados acreditarán ademáis do anterior, a custodia durante o periodo do campamento solicitado.
– No caso de traballadores/as autónomos/as presentarán declaración xurada do horario laboral e das vacacións solicitados no ano 2020, e o recibo do último mes da cuota de autónomo.
– No caso de familias monoparentais terán que acreditar dita condición.
– Certificado de recoñecemento de discapacidade conforme o especificado no apartado 2.1.
– Libro de familia (só no caso de que o/a menor non dispoña de DNI para proceder á comprobación de datos).
– Os datos reflectidos na documentación presentada deberán ser certos na súa totalidade; de non ser así, suporá a baixa automática e a perda de todos os dereitos de participación na actividade.
- PAGAMENTO:
– O custo da praza para os solicitantes é de 20 euros por neno/a.
– O pagamento deberá realizarse mediante ingreso ou transferencia bancaria o número de conta / IBAN: ABANCA (A VALENZÁ): ES21 2080 5342 5431 1000 9242 *Indicando como concepto “Campamentos de verán concilia Barbadás”, e o nome e apelidos do menor.
-Unha vez efectuado o ingreso correspondente, non se devolverá o importe satisfeito salvo que se acredite a imposibilidade do neno/a de asistir á actividade mediante certificado médico que deberá presentarse cun mínimo de antelación de 48 horas antes do inicio da actividade.
- Normas de funcionamento: É obrigatoria a asistencia. Un 25% de faltas sen xustificar dará lugar a baixa automática no campamento. Só se permitirán como xustificantes válidos de falta de asistencia: xustificante médico por enfermidade ou ingreso do/a neno/a ou de familiar co que conviva. No caso de que o comportamento dun neno/a afecte ao normal funcionamento da actividade, procederase a avisar a familia e a dar o/a de baixa no campamento. A baixa do/a neno/a do campamento non dá dereito a devolución do importe pagado.
- Teléfonos de interese: A organización dos campamentos corresponde ás concellerías de Educación e Deportes e Mocidade. Teléfonos de información: Casa da Xuventude: 988391526. Educación: 988246885. Http://www.barbadas.es
- Ofértanse 140 prazas por cada quincena coa seguinte distribución:
10 prazas en cada un dos seguintes campamentos:
Campamento urban “A” (3 a 6 anos) A Valenzá
Campamento urban “B” (3 a 6 anos) A Valenzá
Campamento urban “C” (7 a 12 anos) A Valenzá
Campamento multideporte (7 a 12 anos) A Valenzá
Campamento Barbadás (5 a 12 anos)
Campamento As Lamas (5 a 12 anos)
Campamento Piñor (5 a 12 anos)
Campamento Sobrado (5 a 12 anos)
Campamento Parada (5 a 12 anos)
Campamento Santa Uxía (5 a 12 anos)
Campamento Loiro (5 a 12 anos)
Campamento Finca Fierro (5 a 12 anos)
Campamento Bentraces (5 a 12 anos)
Campamento do Fonsillón (5 a 12 anos)
1.2 Quendas: Todos os campamentos se ofertan para cada una das quincenas, sendo éstas:
1o quincena xullo (6 a 17 de xullo)
2o quincena de xullo (20 a 31 de xullo)
1o quincena agosto (3 a 14 de agosto)
2o quincena de agosto (17 a 28 de agosto)
- Cada campamento terá un número máximo de 10 prazas, e un número mínimo de 9 participantes para a súa realización.
- Os/as solicitantes podrán participar en 2 quendas podendo solicitar ata 3 diferentes e indicando a orde de prioridade (antes de conceder o 2o turno de campamento darase prioridade a quen non participase en ninguna).
- PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
– As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
– Facer constar a súa condición no apartado que figura no impreso de solicitude, co fin de
planificar os apoios necesarios se os precisaran.
– Que no certificado de recoñecemento de discapacidade se recolla a non necesidade de axuda de terceira persoa.
– Ter capacidade de integración no grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais
lles permitan participar e beneficiarse das actividades programadas que se van a desenvolver.
- Os requisitos sinalados serán condición para a admisión da solicitude e o seu incumprimento non permitirá a participación da persoa solicitante no campamento.
- Porén, a organización reservará en cada quenda un 5% das prazas para os solicitantes con discapacidade igual ou superior ao 33% que cumpra os requisitos do punto 2.1.
- En función do tipo de discapacidade, poderían excepcionarse a algún tipo de actividade dentro da programación. De selo caso, o participante non podería participar nesa actividade específica.
Data | Adxuntos |
---|---|
20/06/2020 | Solicitude campamentos de verán concilia Barbadás-2 PDF [177 KB] |
20/06/2020 | Bases campamentos de verán Concilia Barbadás PDF [321 KB] |