14/11/2020
Campaña “Agresión off: eu digo non á violencia sexual
14 de novembro, de 16:00 a 20:00 h., na glorieta da familia de A Valenzá
CAMPAÑA “AGRESIÓN OFF: EU DIGO NON *Á VIOLENCIA SEXUAL 2020 “
Sábado 14 de novembro de 2020
Lugar: Glorieta da Familia (avenida Celanova,39)
Horario: 16,00-20,00 horas
Actividade aberta ao público en xeral
- Esta campaña serve para previr e sensibilizar a cidadanía sobre o que é a violencia sexual, e para que en moitos casos, as mulleres poidan identificala.
- Na caseta ofrécese á cidadanía participar en diferentes talleres de sensibilización e actividades lúdicas, sempre cumprindo con toda a normativa de prevención contra a covid-19.
- Todos os talleres son inclusivos e están dirixidos a todas as idades. No caso do público infantil, hai un espazo especial destinado a dinámicas adaptadas á súa idade.
- Os talleres están divididos en áreas de traballo con contidos concretos co obxectivo de sensibilizar á poboación contra a violencia sexual.
Entre as temáticas que se abordan destacan :
- O desmantelamento de estereotipos de xénero co obxectivo de combater o sexismo desde a infancia.
- Mitos sobre o amor.
- Alerta de
- A parella e a igualdade.
- Autoestima e valoración
- Violencia e novas tecnoloxías.
- Educación en igualdade, e a importancia de estar informados.