03/09/2020

Campaña de bonos “ReVive os comercios de Barbadás”

O Concello de Barbadás pon en marcha a campaña de dinamización comercial “ReVive os comercios de Barbadás”

Poderán participar os comercios polo miúdo situados no municipio de Barbadás. Todos os comercios que queiran participar deberán encher o formulario de inscrición e envialo por correo electrónico ao cet@barbadas.es

O prazo de inscrición será dende o 7 e ata o 10 de setembro.

O venres día 11 de setembro ás 09.15 hs terá lugar unha reunión no Centro empresarial transfronteirizo de Barbadás,cós comerciantes, para explicarlles o funcionamento da campaña.

A campaña constará de mil bonos de desconto, por valor cada un deles de 10 euros para utilizar como desconto en compras superiores ou iguais a 30 euros nos establecementos de Barbadás adheridos á campaña. A campaña realizarase entre o 15 de setembro e o 30 de setembro de 2020 (ou ata que se troquen os mil bonos postos en circulación).

Os bonos estarán a disposición das persoas empadroadas no concello de Barbadás dende o día 15 e ata o día 30 de setembro, a través da páxina comerciobarbadasrevive.es, onde os poderán descargar para trocar nas compras nos comercios locais.

Data Adxuntos
03/09/2020 Bases bonos comercio PDF [140 KB]
03/09/2020 Formulario de inscrición PDF [312 KB]

Comercio, Eventos

CONTENT.1601020030

SINGLE.1601020030