29/07/2022

Campaña de empadroamento do Concello de Barbadás: “súmate a nós”

O CONCELLO DE BARBADÁS DESEÑA UNHA CAMPAÑA PARA QUE A VECIÑANZA DESCUBRA AS VANTAXES DE ESTAR EMPADROADA

“Súmate a nós” é o título de unha iniciativa que incide nas bonificacións que supón para as persoas empradroadas vivir en Barbadás

A tarxeta de transporte, ludotecas, campamentos, escola infantil municipal, Centro de Información á Muller, Escola de Música, Casa da Mocidade son algúns dos servizos nos que os/as empadroados/as poden obter vantaxes

·       Este mediodía presentouse en rolda de prensa a campaña de empadroamento deseñada polo Concello de Barbadás.

·       A presentación tivo lugar no Centro Empresarial Transfronteirizo por parte do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e Victoria Morenza, tenente alcalde.

·       Valcárcel repasou a evolución poboacional dende 2010 ata a actualidade. En 2010 Barbadás tiña 9.725 habitantes, en 2015 o padrón de habitantes sumaba 10.644 persoas, no ano 2016 a cifra acadou 10.788 residentes e en 2017chegou a 10.964 habitantes. No ano 2018 había 11.072 persoas empadroadas, no 2019 esta cifra incrementouse ata os 11.177 habitantes e no 2020 decrecemos baixamos en 103 veciños e veciñas pero de novo no 2021 medrou a poboación ata as 11.112 veciños e veciñas e este ano a día de onte aumentamos 157 veciños e veciñas en relación o 2021.

·       O rexedor indicou que “evidentemente despois haberá que facer filtros para ver si toda esta xente non está empadroada ou ubicada aquí en outros lugares, pero a poboación segue medrando e dende o Concello e queremos seguir mantendo esta tendencia, pero non é menos certo que hai veciños e veciñas que non están empadroados aquí e que convidamos a que se empadroen en Barbadás”.

·       Valcárcel sinalou que “tendo presente precisamente esa realidade e que hai un traballo de campo feito por Protección Civil en canto a consumo de auga e de enerxía eléctrica e tamén polo que nos indica a empresa de recollida de lixo, probablemente haxa entre1500 e 2000 persoas que non están empadroadas en Barbadás”.

·       Ante esta situación “o Concello de Barbadás decidimos realizar unha campaña de empadroamento para que as persoas que residen no municipio e que non figuran no padrón se animen a empadroarse”, comentou Xosé Carlos Valcárcel.

·       O aumento de veciños e veciñas precisamente suporá para o Concello un aumento de ingresos e de recursos do Estado que porían ademais en valor as infraestruturas e os servizos que se prestan porque poderían ser mellorados, poderías mellorarse ostensiblemente.

·       Son moi importantes estos servizos e  infraestruturas para que o Concello poda ofertar mais servizos, estes ingresos permitirán ofertar mais servizos, promover a dinamización social e atender as necesitades da poboación.

·       É moi importante formar parte formal do Concello onde un reside xa que é un xeito de ser responsables en axudar a mellorar a calidade de vida do propio municipio, tanto de xeito individual como de xeito colectivo e sería un plus para a comunidade, de feito o slogan que utilizamos no folleto é “súmate a nos”.

·       Valcarcel destacou que “un xemplo das vantaxes que supón estar empadroados/as en Barbadás a efectos do uso da piscina implica que hai un bono para toda a tempada que custa 6€ e penso que non hai servizo de piscina ou piscina municipal na nosa contorna que teña un prezo tan reducido. Estamos falando de 2 meses e medio practicamente con un custo de 6€”.

·       A tenente alcalde, Victoria Morenza, explicou que “esta campaña consistirá na difusión entre os residentes de 5000 folletos que serán repartidos nos buzóns de correos de cada vivenda, ademais estanse a realizar unha serie de vídeos e promocións dos recursos do Concello para atraer a dita poboación a empadroarse”.

·       Nestes vídeos participarán persoas empadroadas en Barbadás que teñen unha relevancia social ben no ámbito deportivo, cultural e social e que van a explicar precisamente neses vídeos cales son as vantaxes de estar empadroados/as en Barbadás

·       Estes folletos empezaranse a distribuír  a partir da semana que ven e “o obxectivo é precisamente animar a todas as persoas que efectivamente teñen segunda residencia e que pasan practicamente case todo o ano nos diferentes pobos a que se empadroen”.

·       Morenza resaltou que “hai que ter en conta que o non empadroamento das persoas que residen habitualmente en Barbadás tamén ocorre no rural e non só na Valenzá, onde moita xente está empadroada nos pobos de orixe; ou dentro da propia familia algún membro da familia que está empadroado no concello de orixe que acostuma a ser fundamentalmente da Baixa Limia e outro membro da familia está empadroado en Barbadás. Tendo en conta esta situación o ideal é captar a todas esas persoas para que efectivamente se empadroen no lugar onde residen”.

·       O folleto informativo “especifica todas as bonificacións ou vantaxes que ten estar empadroado en Barbadás, como poden ser as bonificacións na tarxeta de transporte, porque Barbadás como ben sabedes ten unha tarxeta de bonificación conveniada coa Xunta de Galicia, onde as persoas que están empadroadas en Barbadás poden beneficiarse de bonificacións de ata a gratuidade nos casos de persoas que se atopan en situación de emerxencia social, as persoas xubiladas tamén teñen unha bonificación, as familias tamén teñen bonificación, e os estudantes.

·       As persoas empadroadas teñen prioridade en obradoiros e cursos, acceso prioritario ao Banco Solidario, poden obter descontos nas escolas deportivas e optar a acudir ao polideportivo a un custo máis baixo.

·       A Escola Infantil Municipal só pode ser utilizada por persoas empadradas, mentras que algunas das actividades programadas polo Centro de Información á Muller van dirixidas só para empadroadas.

·       No que se refire á cultura as axudas para libros son dirixidas a empadroados e en campamentos, ludotecas, etc a preferencia é para as persoas que están empadroadas.

·       Teñen prioridade os/as empadroados/as na matrícula da Escola de Música, en actividades de formación, uso das instalación e acceso libre á Aula de Informática do Centro Empresarial Transfronteirizo.

·       Respecto dos servizos presetados pola Casa da Mocidade, as persoas empadroadas teñen prioridade nas ludotecas de Nadal e Semana Santa (50 prazas, servizo gratuito) e nos campamentos de verán (máis de 120 prazas), prioridade en cursos e obradoiros, no acceso a internet e decontos en todas as excursión, obradoiros, etc.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1742766083

SINGLE.1742766083